Sábados de animación

Imaxe: 
Sábados de animación
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Florencio nas ondas

Unha homenaxe á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Lugar: salón de actos

Para todos os públicos

Sintoniza o programa de radio “Florencio nas ondas” para coñecer a este gran poeta galego combatente, ao que lle dedican as letras galegas neste ano 2022.

Galego

Versos, cores e colaxes

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través da páxina web

Idade de 6 a 12 anos

Imparte: María Lires

Este é o título dun obradoiro de ilustración no que a través da mesma, nos achegaremos á figura do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán na súa faceta como poeta.

A través da lectura e a introspección dos seus versos daremos forma á ilustración facendo uso do xogo, as emocións, a cor e a técnica do colaxe.

Galego

Contos en lingua de signos

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparás na nosa páxina web.

Lugar: ludoteca

Contados por Miguel e Blanca da FAXPG

Fantásticas historias contadas por especialistas en Lingua de Signos da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Galego

Avós

Entrada libre ata completar aforo

Trinketrinke Teatro

Lugar: salón de actos

Data: 30 de abril

Idade de 3 a 8 anos

O ciclo da vida e o respeto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo. A ratiña protagonista cóntanos como axudou a súa avoa, hai moitos,moitos anos, a plantar unha maceira. Hoxe, cada vez que come unha mazá, lémbrase dela. Contaranos contos que a súa avoa lle contou e poñeranos a música que a ela lle gustaba.

Contos:

Galego

Na granxa de Perico

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través da páxina web

Ana Facchini

Idade de 0 a 3 anos

Lugar: salón de actos

Datas: 9 de abril

Unha granxa pode ser un lugar do máis divertido, unha oportunidade para coñecer moitos animais e vivir grandes aventuras en familia. E con Perico non nos han faltar a diversión e o xogo! Préstache un paseo pola granxa?

Galego

Contos en lingua de signos

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparás na nosa páxina web.

Lugar: ludoteca

Contados por Miguel e Blanca da FAXPG

Fantásticas historias contadas por Miguel e Blanca da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Galego

O cole de Lonxedetodo

Con TrinkeTrinke Teatro

Idade de 3 a 8 anos

Lugar: salón de actos

Datas: 26 de marzo ás 12:00 horas

O ratos e ratiñas de Lonxedetodo van lembrar o seu primeiro día de escola, o medo que tiveron que vencer ao despegarse das súas mamás e como, co paso dos días, foron descubrindo unha chea de actividades gratificantes.

Contos:

- Matias dibuja el sol. Martinez, Rocio.Ekare, 2006.

- Las Lechucitas. Martin Waddell. Alfaguara Infantil.

Galego

Verbas encadeadas

Con Ramiro Neira

Idade de 4 a 12 anos

Lugar: salón de actos

Datas: 19 de marzo ás 12:00 horas

As verbas, nacen e búscanse e cando se xuntan…. Forman expresións marabillosas!!!... Quérote!... Perdón, non o quería facer!!!!...

E outras veces xúntanse para formar ritmos e rimas, coas que podemos xogar e coas que podemos cantar!!!!

Pachín, pachán, pachón.. moito coidado co que facedes!!!!!

Pachín, pachán, pachón…. A garbanciño non o pisedes…

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Sábados de animación