Sábados de animación

Imaxe: 
Sábados de animación
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

PequeNiños

Lugar: Salón de actos

Contados por Chus Álvarez

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Chus Álvarez achega un espectáculo que mistura varios contos con diferentes técnicas de narración oral. Niños que, en vez de ovos, teñen contos que contou un paxariño.

Galego

Historias delirantes de nenas e nenos fascinantes

Lugar: Salón de actos

Contados por Ernesto Is

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Simón medra ou enconlle en tamaño segundo precise; Antía comprende o que di o Señor Bigotes, o seu gato; Xoán non é o mesmo cando cae a noite; e todo o que Carolina debuxa vólvese realidade. Fascinante, non si?

Galego

Contos que saben a gloria

Lugar: Salón de actos

Contados por Olga Cuervo

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Olga Cuervo interpreta diferentes historias de Gloria Fuertes. Diferentes obxectos, vestiario e mesmo música; axudaranlle a levar a cabo o seu obxectivo principal, que as nenas e nenos asistentes, coñezan de preto a figura de Gloria Fuertes.

Galego

Escola de maxia

Lugar: salón de actos

David Méndez

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Descubre os segredos da maxia. Visita esta escola especial, onde os participantes aprendices de mago aprenderán a facer trucos de maxia moi sinxelos e didácticos, rescatando ao mago que todos levamos dentro, creando experiencias inesquecibles

Galego

Andando polo camiño

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: Salón de actos

Imparte: Charo Pita

Facendo o camiño, iremos atopando con xente que está de viaxe e deixa a súa pegada, desde un rato, ata un elefante, sempre adornados con algunha canción para non perder o ritmo das historias.

Galego

Contar en viñetas

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: salón de actos

Imparte: Carmela González

Ven e descobre o mundo da banda deseñada. Falaremos con exemplos visuais da linguaxe da banda deseñada (xestos, estereotipos, metáforas visuais, símbolos cinéticos, onomatopeas, globos…), encadres, montaxe e o paso do tempo. 

A continuación crearemos unha historia co personaxe "T. rex", empregando os recursos aprendidos, dando forma ao noso persoal e orixinal cómic.

Galego

Arredor de Xela

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: salón de actos

Imparte: Raquel Queizás

Nos anos 80 do século pasado, unha moza, ademais de escoitar rock, abría novos  camiños, a través da súa poesía, na nosa literatura. Xela Arias foi unha muller valente, feminista, activista e comprometida co galego desde a súa nenez. 

Era poeta, editora, tradutora e mestra. Para coñecela mellor, entremos nos seus versos.

Galego

Os ratiños da caixa

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: salón de actos

TrinkeTrinke

Un contacontos teatral no que se poderá gozar dalgún dos contos do gran escritor estadounidense Arnold Lobel, pertencentes aos seus libros Contos de ratiños e Sopa de rato. Ademáis, o rato Fuco, protagonista desta sesión, vén acompañado polos tres ratos máis novos de Lonxedetodo.

Galego

Mans

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: salón de actos

Os Contos de Pablísimo.

Un orixinal espectáculo onde as mans non pararán de falar.

Mans é un espectáculo de teatro e narración oral onde as historias se contan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.

Contos populares, contos de creación propia, fábulas e xogos cas mans... son dramatizados con sombras chinesas, monicreques, luvas... e moita imaxinación!!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Sábados de animación