A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
O día 17 de maio do 1991, realizaba a miña primeira actuación pública.
25 anos despois desa data que para ben ou para mal marcou a miña vida sacamos da manga unha montaxe coas ilusións que maior impacto causaron no público dos distintos espectáculos producidos desde entón ata día de hoxe:
" A maxia dos soños", " Perto de ti", " Tolemaxias", " A maxia da Santa Compaña" , " O Afiador","Novas Tolemaxias","Os anos 80" e " A feira máxica".
Aneis que desaparecen para aparecer nos sitios mais insólitos, coitelos que poñen en perigo a vida dos espectadores…ademaís de ter a oportunidade de coñecer a “Leti”, a única serpe do mundo capaz de adiviñar cartas, e a Viscobich, un coello moi máxico. Istos son uns petiscos do espectáculo do Mago Teto, no que inclúe unha pantalla de catro por tres metros. O espectáculo remata cunha homenaxe a Houdini, o considerado 'Rei das evasións'.
As ilusións ópticas son de natureza máxica pois a súa esencia é "os nosos ollos ven unha cousa e a nosa mente di outra completamente diferente".
O Mago Romarís busca amplificar o efecto que producen no espectador coas súas fabulosas presentacións sobre como chegaron a el estes incribles fenómenos.
Espectáculo de maxia para Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
Alicia collera por costume, escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Henry,deráselle por beliscar nos libros, como si non houbera mañá. A avoa e papá dicían que os meus amigos eran raros. Mais eu sempre pensei que iso de ser raro é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?
O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está adicado exclusivamente a mulleres.
Desde a máis veterana Rosalía ata a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que nárrase neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.
Monólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou no.