A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Nadanamanga é un espectáculo máxico para xente que desexa pasar unha hora feliz e sorprendente.
Maxia gamberra para nenos de todalas edades, para adultos, para os que non o son, humor con participación do público, moitas risas, sorpresas e ilusión dende o primeiro momento, maxia de festa para todos.
45 risas por minuto é un espectáculo no que o público Participa activamente de forma natural..
A saída de escena dun pallaso diferente, acompañado por unha guitarra coa que pretende dar un concerto. A sucesión de gags, ao final, fai que sexa un Desconcerto.
A posta en escena con decorados, luces son, e un bo equipo de son, o espectáculo está baseado na participación e improvisación, cos espectadores como protagonistas.
"Momentos Asombrosos" está cheo de intres fascinantes:
Como facer maxia nunha mudanza?,
a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción,
o poder máxico da lectura,
ou como estar á moda co que xa teñamos pola casa.....
son só algunhas das moitas aparicións de ilusións e humor deste espectáculo...con comicidade, fondo musical e participación dos espectadores....e as manipulacións de cartas, cordas, mentalismo,etc., e un fío conductor cheo de "Momentos de Asombro"
Xornais que cobrar vida, cordas sorprendentes, froitas, cartas e moito máis, xeran a trama dun acto cheo de gags visuais, diálogos apegados ó sorriso e prestidixitacións sorprendentes.
"Maxia a Pé de Rúa" é un espectáculo de ilusionismo, humor e participación dos espectadores, composto a nivel do chan.
Xosé Constenla presenta o seu cuarto traballo discográfico, titulado Virada por Avante, cun concerto especial no que o autor ofrecerá as súas cancións unicamente acompañado polas súas guitarras e as súas historias contadas dun xeito íntimo na súa voz.
En Virada por Avante atopamos claras influencias do folk-rock americano, de James Taylor a Ray Lamontage, xunto coa corrente iberoamericana de canción de autor, como sinal de identidade deste músico compostelano.
A Xoana, non lle gustaba moito ler, seu pai e súa nai poñen todo o empeño para que vaia collendo gusto aos libros e aumente o interese pola lectura.
Unha tarde chegou ao pobo unha fada dos contos, Anduriña, que se adica a percorrer todo o mundo co gallo de fomentar a lectura e a educación en valores. Esa tarde Xoana, por vontade de seu pai e súa nai, tivo que asistir á actividade. Ao principio foi con poucas ganas, pero grazas á fada comezará a espertar o seu interese polos contos.
Despois de ler o poema do “Timoteo” do libro “Rimas con letras”, Gloria emocionada e ilusionada toma una decisión, encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons máxicos que darán vida a historias máxicas, como a da cabritiña que se convertirá en Mamá, a nosa Mamá Cabra.
Gloria acompañada de moitos artistas apaixoados medran ao carón dos máis cativos e cativas, con cancións que ao longo de estes anos quedaron nas nosas memorias . Esta aventura cumple este ano o 15 aniversario.
Espectáculo de Jose Luis Prieto producido por Malasombra producións S.L dentro da programación Cultura no Camiño.
Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.