Menudo teatro
O espectáculo desénvolvese no interior dunha caravana reconvertida nun Teatro, pero non nun Teatro calquera, probablemente, o TEATRO MÁIS PEQUENO DO MUNDO
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

O espectáculo desénvolvese no interior dunha caravana reconvertida nun Teatro, pero non nun Teatro calquera, probablemente, o TEATRO MÁIS PEQUENO DO MUNDO
Dicía Eduardo Galeano que estamos feitos de historias. Todo o que hai de certo nesa frase, convértese en verdade neste espectáculo.
Un Ilusionista non o é tan só pola maxia que mostra encima dun escenario, senón (sobre todo) por todo canto aprende polo camiño que o leva ata el. 'Historias dun Ilusionista' é unha seleccion de xogos que lle marcaron ao Maga Rafa e que agora el achega ao público.
Espectáculo de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
Dona Cegoña cansa de tanto ir e vir entregando encargos polo mundo solta nun galiñeiro galego un paquetiño azul que levaba no seu pico, e que tiña como destino… Africa!; isto non é do agrado dos pitiños do galiñeiro que non queren un estraño na súa casa e intentarán de todas as maneiras posibles botalo de alí. Pero as cousas vanse complicar cando aparece Dona Raposa … quere merendar!
Espectáculo infantil de monicreques, dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
A maxia tamén forma parte das actividades de Cultura no Camiño, programa que percorre con espectáculos de teatro, musicais, danza e novo circo os concellos de rutas xacobeas.
Nesta ocasión, trátase do divertido e familiar número de Manuel Lamas, dirixido a todos os públicos.
Confirmar datas e horas nos concellos onde se desenvolve.
O mago Manuel Lamas presenta un divertido repertorio para un público familiar.
Espectáculo dentro da programación Cultura no Camiño.
Mesturando a tradición do títere galego coa europea, recollemos cinco situacións que Barriga Verde en compañía da súa cachiporra, resolve dun xeito que incomoda ao Demo ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos
Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego. Preséntase coma unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX
O Mago Charlangas convídanos a viaxar a través do tempo co seu espectáculo Temporal, onde a maxia e o teatro mestúranse creando unha historia na que navegaremos pola nosa imaxinación.
Coñeceremos a un Científico Chiflado e os seus increibles experimentos e viaxaremos co Pirata Barbanegra en busca de máxicos tesouros.
Espectáculo de maxia dentro do programa Cultura no Camiño. Confirmar data e hora no concello onde se representa.
O expectaculo de maxia esta composto por efectos con: as cartas, os pañuelos, as cordas a lectura da mente, e todo o que compon a maxia en xeral.
Arranxos e direción musical: Santi Cribeiro e Uxía
Guillerme Fernandez: guitarra, baixo e programacións
Santi Cribeiro: acordeón e teclado
Magín Blanco: voz e guitarra
Uxía: voz e percusión
A Banda das Apertas, composta por Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal e Jerry Noia teñen un longo percorrido acompañando a A nena e o grilo nas súas propostas escénicas, e chegou o momento de voar sos.
Nesta nova produción as músicas do creador Magín Blanco conviven con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporáneas, e que permitirán gozar en familia dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e sobre todo disfrutando con esta Banda das Apertas.