Lucía Pérez
Continuando coa súa actividade artística, Lucía Pérez ofrece agora outra modalidade diferente en canto ás súas presentacións cara ao público refírese.
Trátase dun concerto totalmente acústico dunha hora de duración no que se presentan as cancións acompañadas soamente por guitarra, percusión, harmónica e outros pequenos instrumentos deixando ás voces un protagonismo que noutro tipo de formato non teñen.

