P.G.U. (Partido dos gordos unidos)
PGU é un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo. Pedro Brandariz, cun estilo agresivo e transgresor, conta diversas peripecias da súa vida dende a perpectiva de gordo.
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

PGU é un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo. Pedro Brandariz, cun estilo agresivo e transgresor, conta diversas peripecias da súa vida dende a perpectiva de gordo.
Os xogos do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna.
Como consecuencia da súa constante ansia por se renovar e a experiencia a través de tantas xiras por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra 'Os Modernos ofrécelles ao público un repertorio renovado de bailes como manda a última moda: foxtrot, baião, chotis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca e incluso un avant-garde twist, sen esquecer tampouco eses ritmos máis arcaicos e propios do noso folclore como a muiñeira ou a xota. Os bailadores e bailadoras confidentes séntense protagonistas arroupados ao tempo que illados, ao estar a música exclusivamente ao servizo do s
Dende 2011 dáse a coñecer por todas as salas e vilas de Galicia acompañada pola guitarra e experiencia de Zahori (Javier López de Guereña) e con manoxo de cancións cheas de frescura e inxenio.
A idea de Galician on Board é facer unha viaxe no tempo trasladándonos ao s. XIX e representar o profundo cambio que se produciu en Galicia ata os nosos días.
Conceptos como labrego, folclore, emigración, industrialización, etc., están presentes ao longo do show nunha viaxe músico-percusivatratada dun xeito vangardista.
O retrete de Dorian Gray mestura recopila neste espectáculo varios dos seus números curtos. Sete anos de manipulación máxica, de globos, de virtuosismo coas súas mans. Unha delicatessen para os sentidos...
Spiral é a historia dun mago, o Mago Gusi, dende as primeiras ilusións máxicas ata a máis moderna maxia de preto coa última tecnoloxía de proxección de video.
Trátase dun espectáculo para toda a familia no que os espectadores serán partícipes de todo canto sucede en escena convertíndose, por momentos, en protagonistas das ilusións.
Maxia histórica, cartomaxia, maxia cómica, ... un divertido percorrido polas diversas facetas da maxia no que o público non deixa de sorprenderse e de disfrutar co que sucede, inexplicablemente, diante dos seus ollos.
Os superheroes está formanda polos inigualables Mr. Obelisco, Super Millenium e Torreman. Os tres héroes coruñeses forman un trío con superpoderes musicais As súas actuacións repasan un repertorio formado por grandes melodías dos debuxos animados de onte e de hoxe que farán bailar a pais e fillos.
A maxia sempre dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinta parte integrante do espectáculo.
Un espectáculo divertidísimo para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión da maxia mistúrase nun cóctel de risas e gargalladas.
Esta programación forma parte das actividades de Cultura no Camiño que leva teatro, danza, música e novo circo polos concellos por onde discorren as rutas xacobeas.