Método Cardiofónico
O novo espectáculo musical de Germán Díaz está baseado nos ritmos de latexos do corazón que o doutor Iriarte gravou nos anos corenta e editou en vinilo co nome de Método Cardiofónico. Tomando como base estes latexos, crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que utiliza e que len os cartóns perforados nos que Díaz escribe as melodías. O playasax, a rolmónica cromática, o órgano de barbaría e a caixa de música, únense á manivela da zanfona, e á gravación de loops en directo para camiñar entre a improvisación e a rixidez dos cartóns perforados.

