Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Historias de vida, guerra, amor e case morte

Historias de Vida, Amor, Guerra e case Morte é unha fermosa proposta a medio camiño entre a narración oral e o teatro con música ao vivo.

Ao longo de varias historias recollidas de experiencias reais, Dabopapipa cóntanos historias dos nosos maiores que reflicten dun xeito agarimoso e divertido a realidade na que vivían.
 
Historias de amor, de emigración, de reclusión, guerra e amor contadas desde a tenrura e a emoción nunha proposta que arranca bágoas, lembranzas e sorrisos.

 

Galego

Ruactiva: gala de circo

Ruactiva é un novidoso e aberto formato de gala de circo e humor, onde están representadas unha selección das mellores compañías galegas do momento.
A gala de circo consta de varias actuacións de música ao vivo; acrobacias aéreas, trapecio, corda, teas; clown e maxia; teatro de rúa e humor.

En resumo, hora e media de circo, maxia, malabares, música e moito humor cunha escolma das mellores compañías de teatro e circo galegas.

Galego

Sede de mal

Luis Iglesia B. e Xabier Deive dan renda solta ao seu lado máis salvaxe e divertido e presentan SEDE DE MAL unha comedia a 12 cordas sobre o lado escuro da vida… 
Sinónimos e sinónimas estes dous anónimos quedaron sen vacacións para ofrecerlle o seu público unha comedia da vida, unhas ensinanzas evanxélicas, un ”leit motiv” para non ser un pinpin!!!
Humor, teatro, música ao vivo con blues e rock and roll "á galega" con dúas das personaxes máis importantes da escena galega dos últimos anos.

 

Galego

Antía, Wamba e o ritmo do camiño

Antía e Wamba coñecéronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era nena. Pero pasaron os anos e agora Antía está en África traballando coma cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida.

Os dous seguen en contacto, falando a través da rede. Antía, no medio do seu choque cultural, descubrindo África, co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos, e Wamba loitando día a día por saír adiante

Galego

Filosolfando

Luís Igrexas e Xabier Deive soben ao escenario para reflexionar sobre unha cuestión simple, sinxela, do máis mundana, unha cuestión que é tan vulgar que lle acontece a calquera, mesmo a un ninguén: A existencia! Esa é a cuestión e non ou outra.
 
A filosofía proclama iso de que un ser humano "pensa, logo existe", pero,... de verdade facemos unha cousa antes ca outra?

Galego

Festicultores Troupe 10 anos

Festicultores Troupe no 2015 cumpren 10 anos de Festicultura.
Para celebralo teñen preparado un novo espectáculo sorprendente, alegre, e moi participativo onde a interacción co público será a nota predominante.
Humor e coreografias mistúranse nun novo repertorio musical onde a fusión de melodías balcánicas e circenses con ska, rumba e electrónica farán que o público disfrute plenamente da Festicultura.

 

Galego

Chosco Voando!

Espectáculo cómico, con incribles acrobacias aéreas, acrobacias de chan, lume malabar, risco, interaccións co público.
Case sen fala, e para todo tipo de público, unión de comedia e circo. Risas, trampas, golpes,maxia e moito máis.

Galego

Animagicus

"Animagicus" é un espectáculo para público infantil e familiar cheo de emocións, trucos orixinais e modernos, trucos clásicos, bromas, sorpresas, interacción co público, música en directo... monicreques máxicos, máscaras engaioladas, varas sorprendentes, espadas encantadas, cordas tolas, cartas xigantes,...

Galego

Animación de rúa

Carapaus é o nome que reciben os xurelos no sur do país e en Portugal. Cinco músicos formados durante anos na música tradicional, xúntanse para dar forma a este grupo de recente creación o grupo fai soar nos seus concertos múltiples instrumentos (gaitas, acordeón, frautas, zanfona, percusións tradicionais, e sobre todo voces) combinados en diferentes formacións.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño