Busca

Páxinas

29/01/2024

Monterrei (Ourense), 29 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o concello de Monterrei, onde se achegou ata o Castelo de Monterrei, ao que se referiu como un dos principais reclamos culturais da provincia de Ourense que vén de mellorar as súas condicións de conservación e accesibilidade, proxecto que “vai máis alá dunha mera restauración física e material”.

29/01/2024

As bases publicadas no Diario Oficial de Galicia contemplan ata 13 tipoloxías de proxectos que poden optar ás subvencións, segundo a súa metraxe, xénero ou canle preferente de difusión

Trátase da principal liña de fomento do sector e forma parte do programa global co que se acompañan empresas e cineastas desde a creación á comercialización

 

28/01/2024

Ribadavia (Ourense), 28 de xaneiro de 2024 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o municipio de Ribadavia, onde tivo a oportunidade de manter un encontro coa veciñanza no marco dunha misa celebrada na igrexa de Santo Domingo, celebrada polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos, á que tamén asistiu a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez.

28/01/2024

Esta liña, dotada con medio millón de euros para mellorar espazos e facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura, forma parte do Plan Xeración Cultura

27/01/2024

Lalín (Pontevedra), 27 de xaneiro de 2024 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, clausurou hoxe na sede de Empresarios do Deza de Lalín a Asemblea da Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, onde agradeceu o compromiso e implicación destas entidades no coidado, defensa e revitalización da Ruta Xacobea.  

27/01/2024

O directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, visita o festival que comezou na tarde do venres e continuará hoxe e na mañá do domingo

Pequefilmes organízase en tres salas por idades: Vagalumes, de 0 a 3 anos; Miñocas, a partir de 4 anos e Fanecas, a partir de 7 anos

As entradas están á venda de maneira anticipada en Ataquilla e presencialmente no edificio CINC, onde se celebran as sesións, antes de cada proxección

27/01/2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na ofrenda floral en homenaxe ao ilustre escritor no cemiterio de Serantes

“Queremos homenaxear a un dos autores máis aclamados da súa xeración para amosar que o seu legado segue vivo entre todos nós”, afirma Román Rodríguez

As bibliotecas públicas da Xunta nas cidades galegas programan diversas mostras sobre a figura e pegada do escritor ao longo deste mes e febreiro

27/01/2024

O Diario Oficial de Galicia publica as bases que rexen estas subvencións coas súas catro modalidades destinadas a empresas de nova creación, montaxes de teatro, circo e maxia, danza e artes do movemento e actividade escénica plurianual

Introdúcense novos criterios respecto ás compañías de danza e artes do movemento para converxer cos obxectivos do Plan Integral para a Danza de Galicia

O prazo de presentación de propostas esténdese ata o 26 de febreiro

 

26/01/2024

O director xeral de Cultural participa na presentación promovida por Turismo de Galicia xunto a representantes de varios entroidos de interese turístico

O DOG publicou onte a resolución pola que se incoa o procedemento para esta declaración na categoría de patrimonio inmaterial

 

26/01/2024

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do proxecto ‘O kamishibai do hospital’, un teatro de papel para as etapas educativas de Infantil, Primaria e Secundaria

A iniciativa tamén busca normalizar e visibilizar a existencia de enfermidades como o cancro, os trastornos do comportamento alimentario ou a cardiopatía na infancia e adolescencia