Busca

Páxinas

31/01/2024

O novo servizo, dispoñible para Android e iOS, dá acceso a calquera hora e día da semana a máis de 14.000 títulos de fondos literarios e documentais de ‘GaliciaLe’

Incorpora unha modalidade orientada a persoas non residentes en Galicia e a actualización do carné da usuario, que poderá empregarse tamén de xeito dixital

“Isto supón un avance nun momento de plena transformación dixital para maximizar as condicións de acceso á cultura e á literatura”, salienta Román Rodríguez

31/01/2024

O director finés será un dos protagonistas da programación de febreiro na sede da cinemateca da Xunta na Coruña, onde estará o vindeiro día 7 con ‘Fallen Leaves’

 

O realizador galego Lois Patiño tamén visitará a sala José Sellier con motivo da proxección de ‘Samsara’ o 28 de febreiro, dentro do ciclo que se organiza en paralelo á mostra sobre a súa obra na Fundación Luís Seoane

 

A nova carteleira mensual avanza tamén no especial de Wim Wenders con algúns dos seus títulos máis coñecidos

 

31/01/2024

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta nova versión do libro máis lido e traducido da literatura galega

Tamén presentan o volume ‘A música dos Valladares’, que repasa a vida e obra dos membros máis destacados desta familia ullá do século XIX

31/01/2024

A carteleira, cofinanciada co Concello, iníciase esta fin de semana no Teatro Principal con dous pases de ‘As alumnas’, adaptación da compañía Culturactiva do texto de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023

O circuíto cultural impulsado pola Xunta e 41 entidades locais promove ata xuño 351 funcións de teatro, danza, música e novo circo en espazos das catro provincias

30/01/2024

A exposición ‘Xesús Chichi Campos: o humor de trazo elegante’ recolle as distintas facetas do autor como debuxante, humorista ou cronista destacado nos anos da transición española

Entre as pezas, atópanse documentos gráficos da súa participación activa na política, así como como debuxos que mostran o seu peculiar humor e a súa ollada crítica coa sociedade do momento

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou que se trata dunha “aproximación tanto á arte como á personalidade dunha das mellores testemuñas dos anos da transición en Galicia”

30/01/2024

A Academia Galega do Audiovisual organiza a 22ª edición desta convocatoria, á que concorren 173 producións e 493 profesionais

O Coliseum coruñés acollerá por vez primeira este evento, que será o máis multitudinario na historia dos galardóns cunha previsión de máis de 2.000 asistentes

30/01/2024

‘Unha vida viquinga’ proponse superar unha visión diferente deste pobo tratando cuestións como a presenza da muller nas campañas militares ou nas viaxes exploratorias

A proposta está comisariada por Irene García Losquiño, investigadora de referencia neste eido, e contará co apoio dun comité de expertos nacionais e internacionais

Román Rodríguez adianta que o proxecto, previsto para xullo, tamén explorará a relación da cultura viquinga coa historia de Galicia

29/01/2024

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu hoxe á sesión solemne de apertura de curso na Academia Xacobea e ingreso como académico de honra do arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, na que destacou o papel da “tradición intelectual e a reflexión cultural na celebración do Xacobeo”.

29/01/2024

Monterrei (Ourense), 29 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o concello de Monterrei, onde se achegou ata o Castelo de Monterrei, ao que se referiu como un dos principais reclamos culturais da provincia de Ourense que vén de mellorar as súas condicións de conservación e accesibilidade, proxecto que “vai máis alá dunha mera restauración física e material”.

29/01/2024

As bases publicadas no Diario Oficial de Galicia contemplan ata 13 tipoloxías de proxectos que poden optar ás subvencións, segundo a súa metraxe, xénero ou canle preferente de difusión

Trátase da principal liña de fomento do sector e forma parte do programa global co que se acompañan empresas e cineastas desde a creación á comercialización