Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 728
- 729
- 730
- 731
- 732
- 733
- 734
- 735
- 736
- …
- seguinte ›
- última »
A carteleira, cofinanciada co Concello, iníciase esta fin de semana no Teatro Principal con dous pases de ‘As alumnas’, adaptación da compañía Culturactiva do texto de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023
O circuíto cultural impulsado pola Xunta e 41 entidades locais promove ata xuño 351 funcións de teatro, danza, música e novo circo en espazos das catro provincias
A exposición ‘Xesús Chichi Campos: o humor de trazo elegante’ recolle as distintas facetas do autor como debuxante, humorista ou cronista destacado nos anos da transición española
Entre as pezas, atópanse documentos gráficos da súa participación activa na política, así como como debuxos que mostran o seu peculiar humor e a súa ollada crítica coa sociedade do momento
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou que se trata dunha “aproximación tanto á arte como á personalidade dunha das mellores testemuñas dos anos da transición en Galicia”
A Academia Galega do Audiovisual organiza a 22ª edición desta convocatoria, á que concorren 173 producións e 493 profesionais
O Coliseum coruñés acollerá por vez primeira este evento, que será o máis multitudinario na historia dos galardóns cunha previsión de máis de 2.000 asistentes
‘Unha vida viquinga’ proponse superar unha visión diferente deste pobo tratando cuestións como a presenza da muller nas campañas militares ou nas viaxes exploratorias
A proposta está comisariada por Irene García Losquiño, investigadora de referencia neste eido, e contará co apoio dun comité de expertos nacionais e internacionais
Román Rodríguez adianta que o proxecto, previsto para xullo, tamén explorará a relación da cultura viquinga coa historia de Galicia
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2023
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu hoxe á sesión solemne de apertura de curso na Academia Xacobea e ingreso como académico de honra do arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, na que destacou o papel da “tradición intelectual e a reflexión cultural na celebración do Xacobeo”.
Monterrei (Ourense), 29 de xaneiro de 2024
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o concello de Monterrei, onde se achegou ata o Castelo de Monterrei, ao que se referiu como un dos principais reclamos culturais da provincia de Ourense que vén de mellorar as súas condicións de conservación e accesibilidade, proxecto que “vai máis alá dunha mera restauración física e material”.
As bases publicadas no Diario Oficial de Galicia contemplan ata 13 tipoloxías de proxectos que poden optar ás subvencións, segundo a súa metraxe, xénero ou canle preferente de difusión
Trátase da principal liña de fomento do sector e forma parte do programa global co que se acompañan empresas e cineastas desde a creación á comercialización
Esta liña, dotada con medio millón de euros para mellorar espazos e facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura, forma parte do Plan Xeración Cultura
Ribadavia (Ourense), 28 de xaneiro de 2024 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o municipio de Ribadavia, onde tivo a oportunidade de manter un encontro coa veciñanza no marco dunha misa celebrada na igrexa de Santo Domingo, celebrada polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos, á que tamén asistiu a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez.
Lalín (Pontevedra), 27 de xaneiro de 2024 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, clausurou hoxe na sede de Empresarios do Deza de Lalín a Asemblea da Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, onde agradeceu o compromiso e implicación destas entidades no coidado, defensa e revitalización da Ruta Xacobea.









