Busca

Páxinas

08/02/2024

O obxectivo é apoiar as propostas galegas que resulten seleccionadas para participar na edición deste 2024, que terá lugar no mes de outubro e á que se presentaron máis de 30 candidaturas do noso territorio

Na pasada edición da feira estiveron Caamaño&Ameixeiras, Mario G. Cortizo, Fillas de Cassandra, Os do Fondo da Barra, Caldo e Fran Sieira, que conseguiron pechar contratacións en diversas citas culturais de Cataluña e Europa

 

07/02/2024

O director finlandés viaxou hoxe ata A Coruña con motivo da proxección do seu último filme na cinemateca da Xunta dentro do ciclo que se lle dedica ata o mes de abril

Premio do xurado no Festival de Cannes e recoñecida como mellor película de 2023 pola Fipresci, é tamén o seu maior éxito de público nas salas españolas ata o momento

 

07/02/2024

O secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de Centros e Recursos Humanos asisten á cerimonia de entrega destes galardóns impulsados polo IES Rosalía de Castro

Sica Romero recolleu o premio na categoría de lingua galega e Brenda Navarro e Nell Leyshon na de lingua castelá e lingua estranxeira, respectivamente

 

05/02/2024

A proposta, impulsada pola Casa-Museo da autora e a Fundación Xistral, aplicarase a quen merque un libro en lingua galega entre o 6 de febreiro e o 3 de marzo

Os actos oficiais do día 23 terán lugar en Santiago e Padrón, con música dos alumnos da Escola de Música de Santiago, dos Carapaus e da cantante Faia

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, os centros escolares e os Centros de Estudos Galegos da Xunta implícanse con diferentes actividades divulgativas e materiais didácticos

 

05/02/2024

Esta recoñecida cita internacional marca o inicio da difusión da publicación, que en 2024 reúne os novos traballos de Fon Cortizo, Mario Fernández Filloy, Juan Barbazán, Alba Pino, Carmen Méndez e Paula Fuentes con Guillermo Carrera

‘Non te vexo’, curta de Xacio Baño incluída na selección de ‘Shorts from Galicia’ de 2023, competirá na sección Lab do certame, mentres que ‘Pura’, de Carmen Méndez, exhibirase como parte do Market Screening New Spanish Shorts

04/02/2024

Xa están publicadas no Diario Oficial de Galicia as subvencións para funcionamento e equipamento destes espazos claves no acceso dos galegos á cultura

Este paquete de axudas complétase coa convocatoria das bolsas en materia de biblioteconomía, espazos museísticos e arquivos

Cun orzamento de máis dun millón de euros, forman parte do Plan Xeración Cultura

03/02/2024

O proceso de creación arrancou xa na sede do Centro Coreográfico Galego cara á estrea que terá lugar no mes de xuño

A peza reflexiona sobre o traballo das mulleres na construción do Dique da Campá de Ferrol no 150º aniversario do comezo das obras

Elaborarase tamén unha unidade didáctica destinada a promover e consolidar novos espectadores para danza, dirixida especialmente ao público familiar e escolar

02/02/2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste esta tarde á representación da obra, nacida dentro das Residencias Artísticas do Gaiás en colaboración co Centro Dramático Galego

‘Hamlet, o de Cunqueiro’ mestura a linguaxe escénica con mecánicas propias dos videoxogos, como a exploración e resolución de enigmas, nas que intervén o público

Trátase dun proxecto internacional no que participan docentes da Universidade de Vigo canda a compañía galega Marinita y sus Maromas e a brasileira Boccaccione

 

02/02/2024

O secretario xeral de Política Lingüística presenta o volume Manuel Murguía. Homenaxe, coordinado por X. Amancio Liñares

O alumnado de Primaria recibirá durante a vindeira semana a visita dun contacontos sobre Murguía e un exemplar dos Bolechas arredor do escritor