Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 570
- 571
- 572
- 573
- 574
- 575
- 576
- 577
- 578
- …
- seguinte ›
- última »
A Agadic aumenta ata 650.000 euros a dotación das subvencións á produción escénica para 2018
A convocatoria supón un incremento do 7,6 % respecto á convocatoria de 2017 e contempla espectáculos de pequeno, mediano e gran formato, así como propostas de compañías de nova creación
Introdúcense por vez primeira elementos de discriminación positiva para garantir o apoio á produción dun mínimo de dous espectáculos específicos de danza
O acto conmemorativo do Día das Letras 2017 foi clausurado pola presidenta do Congreso e contou coa participación institucional da Consellería, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura e a Real Academia Española
Román Rodríguez destacou o traballo, a intelixencia e a honradez de Casares como base para crear unha obra transcendente e de fonda pegada galeguista
A actuación contou cun investimento da Xunta de Galicia de 16.000 euros e incluíu limpeza en seco e química da pedra, eliminación e reposición do encintado así como a eliminación de grafitis, chicles, pinturas e manchas
Feijóo garante o compromiso do Executivo autonómico cunha Cidade da Cultura “útil, digna e proporcionada” da que todos os galegos poidan desfrutar
Precisa que esta idea permite solucionar a custo cero o problema que supoñía o oco escavado para o proxecto orixinal
Subliña que esta zona contará con especies botánicas de diversas partes do mundo e áreas equipadas para facer actividades culturais ou practicar deportes
Sobre a mellora dos accesos á Cidade da Cultura, resalta que as obras do enlace que unirá a AP-9 coas glorietas de acceso están xa en fase de adxudicación
O ciclo inaugúrase mañá coa presenza na Coruña da filla e do sobriño do director francés, responsables da fundación que salvagarda o seu patrimonio
Importante figura do cinema galo, traballou coas grandes estrelas do seu tempo, como Alain Delon ou Catherine Deneuve, e ten unha influencia notable en filmes de realizadores actuais como Scorsese ou Tarantino
O libro recompila en varios artigos os contidos do simposio que no mes de novembro do 2016 pechou o ano do centenario das Irmandades da Fala
A Consellería de Cultura e Educación colabora cun proxecto que pon a disposición do público un documento de gran valor histórico e divulgativo
Desde a posta en funcionamento do Plan de mellora das bibliotecas escolares en centros non universitarios, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva atendidas as necesidades de 244 colexios coruñeses
As axudas van destinadas a apoiar a transformación das bibliotecas en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, e fomentar o hábito de ler
Cultura colabora coa Fundación Santiago Centro nunha iniciativa que pretende dinamizar o comercio de proximidade mentres achega a arte á rúa
O proxecto Pasearte conta coa participación de 84 comercios de 15 rúas do Ensanche que acollen ata o 5 de xaneiro obras de máis 40 artistas







