Busca

Páxinas

  • Unha imaxe dunha edición de Gadélica | Foto Gadélica
29/11/2017

Cultura apoia ás entidades locais e institucións sen ánimo de lucro con axudas por valor de 50.000 €

O DOG publica hoxe a relación de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de carácter afeccionado que reciben axudas públicas este ano

21 asociacións culturais e 12 concellos benefícianse desta liña de subvencións para iniciativas como o Festival dos Eidos, o OurenRock Sound, os Xoves Musicais do Grove ou o Festival de Artes Escénicas de Riós

 

27/11/2017

A Agadic convoca o proceso de selección de sete actores e actrices para o espectáculo Divinas palabras do CDG 

Con esta nova produción, que se estreará en primavera, o Centro Dramático aposta por seguir incorporando os textos de Valle-Inclán ao repertorio teatral en galego tras a posta en escena este ano de Martes de Carnaval

Os intérpretes interesados teñen de prazo ata o 13 de decembro para presentar as súas solicitudes segundo as bases que poden consultarse en www.agadic.gal

 

  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou na entrega de premios da Bienal internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón
24/11/2017

Feijóo refírese aos premios Francisco Mantecón como exemplo do que Galicia é: tradición, innovación, talento e internacionalización

Resalta que a Xunta xa está a traballar na preparación do centenario da Xeración Nós da man de todas as administracións, institucións culturais e entidades vinculadas

Incide en que a Estratexia da Cultura Galega 2021 aspirará a consolidar o tecido industrial creativo e a apoiar a innovación cultural

 

23/11/2017

A undécima edición desta iniciativa estase a desenvolver en Santiago coa asistencia de representantes de coñecidas canles televisivas, produtoras e distribuidoras

A sesión da mañá desenvolveuse arredor da presentación sucesiva de 15 propostas, 10 delas galegas, mentres que pola tarde teñen lugar as reunións personalizadas pola organización

En representación da Consellería de Cultura, interviñeron nesta xornada o secretario xeral de Cultura e o director da Agadic

22/11/2017

A Consellería de Cultura, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a AECT presentaron hoxe as bases da nova convocatoria, nun acto no tamén se lle entregou o premio da terceira edición a Cecilia F. Santomé

O secretario xeral de Cultura afirmou que o certame “tende pontes de colaboración e permite que a xuventude estableza vías de diálogo entre as dúas literaturas”

22/11/2017

A formación do Conservatorio Profesional de Música de Redondela realizou un importante labor de investigación e adaptación para gravar este traballo

O concerto de presentación da obra terá lugar o venres, ás 20:00 horas, no Multiusos da Xunqueira

 

  • Maruxa Boga. Recordando a Galicia
13/11/2017

Anxo Lorenzo destaca o papel deste colectivo na presentación do libro-CD Maruxa Boga. Recordando a Galicia

11/11/2017

O encontro está organizado polo Centre Maurits Coppieters e pola Rede Europea para Promover a Diversidade Lingüística, da que forma parte o goberno galego como membro de pleno dereito

Na conferencia interviñeron os galegos Hakan Casares e Gregorio Ferreiro, actual vicepresidente da NPLD