Nova: O papel da colectividade galega na Arxentina, elemento fundamental na conservación cultural de Galicia

13/11/2017

O papel da colectividade galega na Arxentina, elemento fundamental na conservación cultural de Galicia

Anxo Lorenzo destaca o papel deste colectivo na presentación do libro-CD Maruxa Boga. Recordando a Galicia

  • Maruxa Boga. Recordando a Galicia Maruxa Boga. Recordando a Galicia
  • Anxo Lorenzo, no acto de presentación do libro-CD Maruxa Boga. Recordando a Galicia Anxo Lorenzo, no acto de presentación do libro-CD Maruxa Boga. Recordando a Galicia

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2017.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salientou esta tarde o papel fundamental da colectividade galega na Arxentina na conservación da memoria cultural de Galicia. Fíxoo no acto de presentación do libro-CD Maruxa Boga. Recordando a Galicia, unha publicación que recupera a figura dunha muller pioneira da emigración galega e do seu labor no ámbito da radiodifusión.

Jesús Blanco e Norberto Pablo Cirio son os autores do traballo, promovido por aCentral Folque coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, e co apoio do Consello da Cultura Galega a través do Arquivo Sonoro de Galicia.

Comparte