Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 567
- 568
- 569
- 570
- 571
- 572
- 573
- 574
- 575
- …
- seguinte ›
- última »
José Antonio Félez protagoniza este venres na Cidade da Cultura a primeira sesión desta iniciativa, inserida no programa de formación continua Galicia ProFilme
De entrada libre ata completar a capacidade, esta xornada articularase como unha charla conducida por Antón Reixa na que o convidado compartirá a súa experiencia á fronte de grandes producións como a serie La peste
A Xunta asina un acordo para expor por vez primeira en Galicia A derradeira leición do mestre de Castelao
O conselleiro de Cultura presenta a viaxe desta obra como “un recoñecemento a Castelao” e “unha homenaxe á Galicia da diáspora”
O presidente do Centro Galicia de Bos Aires asegura que contemplar este cadro é “tomar conciencia da aportación dos galegos da emigración á nosa cultura”
O Consello da Cultura, a Real Academia Galega, a Real Academia de Belas Artes e a Fundación Castelao arrouparon a firma deste acordo
Román Rodríguez destaca a figura do fotógrafo de Castroverde como gran retratista da cultura latinoamericana
Tras pasar por Madrid, Baldomero Pestana. A verdade entre as mans, chegará o 27 de abril a Galicia e poderase visitar ata o 2 de setembro na Cidade da Cultura
Juan Manuel Bonet anuncia que a colaboración entre o Instituto Cervantes e a Xunta continuará con proxectos centrados no Xacobeo e Camilo José Cela
Xesús Ron dirixe un elenco integrado por Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez
O equipo artístico traballa xa co persoal técnico do CDG nesta primeira versión en galego dunha das obras teatrais máis coñecidas de Valle-Inclán, que será abordada desde unha ollada actual
El Contrabajo, La Fábrica de Chocolate Club e La Pecera son as tres salas viguesas asociadas ao circuíto que xestiona a Xunta e do que forman parte outros 20 espazos de toda Galicia
Tato Trío, que actúa o venres, Dakidarría, Patricia Moon, Igloo, Helena Goch, The Lákazans ou Sumrrá son algúns dos grupos e solistas programados
A Agadic inviste 185.000 euros na carteleira que a rede desenvolverá durante 2018, cifra que supón o 85% do orzamento destinado á contratación dos grupos
A Consellería destina máis de 109.000 euros a esta actuación
O espazo dedicarase a sala de interpretación





