Busca

Páxinas

  • Comeza a rodaxe de Quien a hierro mata, un filme de narcotráfico, dramas familiares e vinganza
04/04/2018

Vaca Films inicia en Galicia a rodaxe do filme subvencionado pola Xunta Quien a hierro mata

04/04/2018

A Agadic destina 450.000 euros á nova convocatoria de subvencións ás actividades de distribución para as industrias culturais

O DOG publica hoxe as bases destas subvencións anuais, que manteñen a liña ascendente no seu orzamento cun incremento de 15.000 euros respecto a 2017

A través delas, en 2017 a Xunta apoiou a presenza da escena, a música e arte de Galicia en diferentes localidades españolas e doutros 24 países

 

03/04/2018

Coincidindo coa celebración do seu 25 aniversario, o centro promove o certame para estimular o estudo e a produción de textos en galego sobre a materia

O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación do traballo gañador

03/04/2018

Román Rodríguez salienta o potencial a nivel educativo do Museo do Ferrocarril de Galicia

  • Trátase dunha xornada familiar gratuíta, e ao aire libre, que encherá a Cidade da Cultura de maxia e diversión con espectáculos, música e xogos
03/04/2018

Trátase dunha xornada familiar gratuíta, e ao aire libre, que encherá a Cidade da Cultura de maxia e diversión con espectáculos, música e xogos

Grandes e pequenos gozarán de catro horas ininterrompidas de actividades con zonas para o descanso e postos de petiscos e larpeiradas para a merenda

Haberá un reforzo do servizo de bus urbano que conecta co centro de Santiago e mantense a cita tradicional de agosto de Cidade Imaxinaria

 

03/04/2018

A filmoteca galega dedícalle un ciclo ao profesor norteamericano do 4 ao 12 de abril

O programa repasa a práctica totalidade da súa filmografía, incluíndo a súa obra mestra Los Angeles Plays Itself, elixida pola prestixiosa revista Sight&Sound como un dos mellores documentais da historia do cine

 

  • A leituga
02/04/2018

A nova produción de Eme2 presentarase ao público o venres e sábado no Teatro Rosalía Castro como parte da carteleira do circuíto da Rede Galega de Teatros e Auditorios promovido pola Xunta, que ofrecerá 21 representacións na cidade durante este semestre

Xosé Barato, Mercedes Castro, Antonio Durán Morris, Federico Pérez e María Vázquez interpretan esta comedia tráxica sobre os asuntos non resoltos dunha familia que se reúne para celebrar o aniversario do pai enfermo

 

02/04/2018

Este ano dedícaselle ao arquitecto pontevedrés, personalidade influente do século XX e unha das figuras máis recoñecidas do Movemento Moderno en Galicia

O Gaiás celebra este sábado un obradoiro de mañá, só para a cativada, e outro de tarde, no que tamén poden participar adultos e cuxas entradas están xa á venda

  • XRon dirixe esta adaptación, a primeira en idioma galego, da coñecida obra de Valle-Inclán
01/04/2018

A nova produción do Centro Dramático Galego, dirixida por XRon a partir da coñecida obra de Valle-Inclán, ofrecerá 16 funcións para público xeral e escolar no Salón Teatro

O espectáculo poderá verse noutros oito escenarios galegos, así como no Teatro Español de Madrid, onde foi estreada a obra orixinal hai 85 anos con escenografía de Castelao

29/03/2018

Cultura convoca as axudas ao financiamento de actuacións arqueolóxicas promovidas por particulares

Os interesados dispoñen dun mes de prazo para formalizar as solicitudes, que deberán tramitarse preferiblemente por vía electrónica