Busca

Páxinas

03/05/2018

Cair Circo mestura acrobacias, emoción, risco e humor, en busca da sensibilización respecto das condutas contrarias á convivencia

02/05/2018

Cinemas de Galicia arranca en Bueu a súa nova carteleira con 19 proxeccións en seis concellos.

O Centro Social do Mar exhibirá os filmes Santoalla o 4 de maio e Verán 1993 o 1 de xuño dentro da primeira quenda da programación para 2018 deste circuíto, que promove a Xunta a través da Agadic

Cangas é a nova incorporación desta rede que entre os meses de maio e xuño se desenvolverá tamén en Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove, aos que na segunda metade do ano se sumarán Allariz e Foz

  •  O Centro Dramático Galego (CDG) remata esta fin de semana a primeira estadía do espectáculo Divinas Palabras Revolution na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela
28/04/2018

A última produción do Centro Dramático Galego, a partir da coñecida obra de Valle-Inclán, remata mañá a súa primeira quenda de representacións no Salón Teatro

Regresará á sede do CDG do 5 ao 8 de xullo tras o seu paso por Carballo, Ourense, O Barco, A Coruña, Pontevedra, Rianxo, Vigo e Cangas, así como polo madrileño Teatro Español

 

  • Escola de baile Media Punta
27/04/2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará á Escola de Baile Media Punta na súa participación da Copa do Mundo de Baile  (Dance World Cup)

27/04/2018

A cidade convértese nun punto de encontro para autores e lectores e cita cultural de referencia, con máis de 40 actividades durante os seus nove días de duración

A Secretaría Xeral de Cultura colabora coa Federación de Librarías de Galicia na organización desta actividade, na que tamén participa a biblioteca de xestión autonómica Ánxel Casal

 

27/04/2018

O único encontro internacional dedicado en exclusiva á coprodución de ficción para televisión entre América Latina, Estados Unidos e Europa celebrarase do 18 ao 21 de xuño con importantes novidades

Incorpóranse dúas sesións máis de presentacións de proxectos, unha para series dixitais, organizada a través da plataforma de RTVE Playz, e outra para os guionistas membros de ALMA e FAGA

Prestarase unha atención especial ao audiovisual televisivo de Colombia e Alemaña

  • Baile tradicional
26/04/2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia os trámites para a declaración do baile galego tradicional como Ben de Interese Cultural (BIC) coa publicación no DOG da incoación do expediente

Para celebralo, o Serán_01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional reunirá no Gaiás durante tres días a todo o sector do folclore galego nun encontro con máis de 40 espectáculos

23/04/2018

Máis dun cento de nenos compartiron unha xornada de aprendizaxe e lecer con estes personaxes, dentro das actividades de dinamización lingüística do Goberno galego

O conselleiro Román Rodríguez, que tamén se achegou ás Cíes, subliñou a importancia de que os máis pequenos coñezan a riqueza cultural e paisaxística que os rodea e tomen conciencia da importancia da súa conservación para as vindeiras xeracións