Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 564
- 565
- 566
- 567
- 568
- 569
- 570
- 571
- 572
- …
- seguinte ›
- última »
O secretario xeral de Política Lingüística presentou hoxe a participación de Galicia neste evento que se celebrará do 3 ao 8 de abril co apoio da Consellería de Cultura
Supón un incremento do 18 por cento no orzamento reservado a estas subvencións, do que 280.000 euros se destinan aos eventos musicais e 180.000 euros, aos escénicos
A través desta liña de apoio, a Xunta contribúe á consolidación do mapa galego de festivais, así como a dinamizar a contratación artística e a creación de públicos
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2018.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu hoxe á presentación da Academia Galega de Teatro, que tivo lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega. No acto público, que se fixo coincidir co Día Mundial do Teatro, a presidenta da nova entidade, a actriz e dramaturga Inma António Souto, explicou os motivos da creación da academia, así como os seus obxectivos.
O conselleiro de Cultura participou na presentación do volume, que recolle máis de medio cento de biografías e documentos históricos
A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, participou na presentación deste evento cultural que se desenvolverá do 12 ao 28 de abril e que amosará preto de 30 representacións en diversos espazos da cidade
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018.- O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e mais a directora de Conecta FICTION, Géraldine Gonard, presentáronlle hoxe a representantes do sector audiovisual galego as novidades da vindeira edición deste encontro internacional de ficción televisiva, así como as oportunidades de promoción e de participación que atoparán nel.
Felipe Criado-Boado, profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio, afondará no estado actual e nos retos aos que se enfronta
O relatorio contará coa intervención artística de Carlos Meixide, na que os bens patrimoniais serán a súa materia prima para un delirante monólogo cómico
A sesión contará, como vén a ser habitual, cun obradoiro para que a cativada tamén se achegue dun xeito plástico-artístico á temática a abordar






