Busca

Páxinas

09/05/2018

O encontro presenta unha edición que busca o equilibrio entre os traballos de cineastas debutantes e consagrados, así como entre as súas seccións xa habituais e as novas incorporacións

Jacobo Sutil participou na presentación do programa deste ano, que volverá congregar nesta aldea do Porriño profesionais dos sectores audiovisual e musical, veciños e afeccionados de toda Galicia

07/05/2018

O galardón, outorgado polo Casino de Santiago e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, recorda o encontro en Compostela dos escritores que lle dan nome e busca fomentar o diálogo, o encontro e a fraternidade interculturais

O secretario xeral de Política Lingüística formou parte do xurado do premio, que deu a coñecer esta mañá a súa resolución na sede do casino

  • Foto de Feria Internacional del Libro de Buenos Aires
04/05/2018

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, visitou o expositor galego na FILBA e reuniuse co seu director, Oche Califa

04/05/2018

A Agadic apoia a quinta edición destes galardóns convocados por Músicos ao Vivo e ao que este ano concorren 449 proxectos en 15 categorías

Os baixistas Pepe Bordallo e Quique Alvarado compartirán o premio honorífico
 

  • A derradeira leición do mestre, de Castelao, será exhibida por primeira vez en Galicia este outono
03/05/2018

Román Rodríguez ultima coa directiva do Centro Galicia de Bos Aires a cesión temporal  desta obra de Castelao.

O conselleiro de Cultura, acompañado do secretario xeral da Emigración, mantén unha reunión coa directiva do centro para asegurar que o traslado do cadro se realice coas maiores condicións de seguridade e profesionalidade

A exposición Castelao Maxistral, cuxa peza principal é o óleo, inaugurarase na Cidade da Cultura o vindeiro 5 de outubro

 

03/05/2018

Cair Circo mestura acrobacias, emoción, risco e humor, en busca da sensibilización respecto das condutas contrarias á convivencia

02/05/2018

Cinemas de Galicia arranca en Bueu a súa nova carteleira con 19 proxeccións en seis concellos.

O Centro Social do Mar exhibirá os filmes Santoalla o 4 de maio e Verán 1993 o 1 de xuño dentro da primeira quenda da programación para 2018 deste circuíto, que promove a Xunta a través da Agadic

Cangas é a nova incorporación desta rede que entre os meses de maio e xuño se desenvolverá tamén en Cariño, Cedeira, Celanova e O Grove, aos que na segunda metade do ano se sumarán Allariz e Foz