Busca

Páxinas

  • Foto: <a href="https://an.m.wikipedia.org/wiki/Imachen:Camilo_Jose_Cela-2.jpg">ÁWá</a>
19/05/2018

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e mais o presidente do CCG, Ramón Villares, asinaron o acordo polo que se porá a disposición de investigadores e do público en xeral o epistolario con autores galegos do premio Nobel

  • CCG
18/05/2018

Pino Alosa, Dana Raz, Virgina Valero, Mikel Aristegui, Gonzalo Zaragoza, Ángela Rodríguez, Víctor Ullate Roche e Ana Alcázar serán os mestres deste programa formativo en danza clásica, contemporánea e comedia musical

Dirixidos a profesionais e estudantes de danza, os encontros manterán aberto cadanseu prazo de solicitude ata unha semana antes do comezo
 

16/05/2018

A Agadic impulsa 13 novos proxectos de guións, curtas e longametraxes a través das axudas ao talento audiovisual 

Publícase hoxe no web da Axencia a resolución desta convocatoria anual, dotada con 145.000 euros

Apóiase con 90.000 euros a produción das longas de Lara Bacelo, Xoel Méndez e Andrés Sanjurjo García

Andrés Goteira, Araceli Gonda, Lucía Dapena, Jesús Rey Roca e José Antonio Cascudo son os adxudicatarios en escrita de guión, e Giovana Lopalco, Xacio Baño, Andrea Zapata-Girau, Noemí Chantada e Iria Ares, en curtametraxes
 

16/05/2018

Esta produción da compañía pública, dirixida por Xron a partir do coñecido texto de Valle-Inclán, ofrecerá mañá a primeira das súas 11 funcións no escenario madrileño, onde se exhibirá con sobretítulos en castelán

A obra orixinal foi estreada hai 85 anos neste mesmo espazo, con escenografía deseñada por Castelao

Estado de tramite:

  • Román Rodríguez subliñou a importancia desta celebración en torno á repostería tradicional
13/05/2018

Melide (A Coruña), 13 de maio de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recibe “con orgullo” o título de “embaixador do melindre”, nun acto que tivo lugar hoxe con motivo da vixésimo sétima edición da ‘Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide”.

  • A mostra María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes, o proxecto expositivo itinerante co que a Xunta de Galicia lle rende tributo á autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018
13/05/2018

A mostra, promovida pola Consellería de Cultura e Educación, exhibirase ata o 27 de maio no IES Torrente Ballester, centro onde a escritora impartiu docencia

As propostas para celebrar o 17 de maio complétanse cunha diversa programación de actividades ao longo de toda a semana nas bibliotecas de xestión autonómica
 

  • Panel da exposición | Imaxe: twitter da Cidade da Cultura
11/05/2018

A Biblioteca e Arquivo de Galicia acolle até o vindeiro 26 de xuño a mostra, inaugurada hoxe polo titular de Cultura

Román Rodríguez explicou que a mostra é moi importante para comprender a evolución urbana da capital de Galicia e reivindicou o papel das diferentes administracións na xestión do patrimonio ao longo da historia, como mecanismos de progreso

O conselleiro de Cultura destaca o carácter pioneiro de Santiago na xestión do patrimonio 

10/05/2018

O catedrático emérito de Voz e Linguaxe da Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid Vicente Fuentes impartirá este curso, organizado polo Centro Dramático Galego, xunto con Rosa Moledo, colaboradora habitual do CDG e asesora lingüística de Fariña, entre outros traballos audiovisuais e escénicos

O obradoiro, para o que está aberto o prazo de solicitude ata o 13 de maio, desenvolverase no Salón Teatro de Santiago