Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 555
- 556
- 557
- 558
- 559
- 560
- 561
- 562
- 563
- …
- seguinte ›
- última »
Case medio cento de músicos sobre o escenario da Praza Central do Gaiás daranlle a benvida ao verán ao son de violíns, requintas, gaitas ou zanfonas
A orquestra de folk contemporáneo SondeSeu, que basea o seu repertorio en temas da tradición oral popular galega, presentará por vez primeira en Galicia o seu espectáculo Arraianos
O concerto terá lugar mañá venres ás 21 horas con entrada libre e de balde
O secretario xeral de Cultura e o xerente do Sergas participaron dun acto que contribúe a normalizar as transferencias documentais entre institucións e organismos públicos
As actas recollen a actividade levada a cabo polo centro hospitalario nos seus inicios, entre os anos 1951 e 1967
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pechou o acto de inauguración do evento recordando que Galicia é un lugar excepcional para rodar e que conta con profesionais extraordinarios e preparados para calquera tipo de proxecto
Conecta FICTION reunirá na Cidade da Cultura esta semana a 500 profesionais de 20 países, procurando fomentar a coprodución de series de televisión entre Galicia e territorios de todo o mundo
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018.- Os Premios Rebulir da Cultura Galega, promovidos polo colectivo cultural Rebulir, celebran unha nova edición co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Así llo confirmou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ao presidente do Festival Internacional Rebulir, Alexandre Sotelino, quen confirmou a entrega dos galardóns no propio marco da gala central do festival, o próximo 22 de decembro.
Publícase no web da Agadic a adxudicación de dous millóns de euros en axudas a 13 novos títulos para cine e televisión
Matriuska, Maruxiña, Caladiño Filmes, Portocabo, Abano, Brown Films, Sun Lúa, Acanea Impulsión, Agallas Films, Miramemira, CTV e Formato son as produtoras adxudicatarias deste ano
Consolida citas referencias para as familias na época estival como Unha noite no Bosque, Visitas Astronómicas, Camiño ao Gaiás e Cidade Imaxinaria
Atardecer no Gaiás poralle banda sonora ao verán con 21 concertos e con máis presenza de músicas urbanas, como a de Rels B, Nathy Peluso ou Tremenda Jauría
O secretario xeral de Cultura salienta a calidade da programación cunha oferta variada e para todos os públicos na que se prevén máis de 50.000 asistentes
Román Rodríguez e Ángeles Vázquez asistiron esta mañá ao espectáculo Os Bolechas e o amigo Monte, que inicia a xira en Monforte de Lemos e percorrerá este verán 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística
O conselleiro de Educación explicou que esta actividade reúne dous compromisos, con mensaxes complementarias: coidar a lingua propia e o medio ambiente
FalaRedes é un programa de dinamización da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede
A coñecida intérprete ofreceu un pequeno concerto para pór o alfinete de ouro a esta sexta edición do ciclo da Cidade da Cultura
Contou coa sesión infantil correspondente, na que a cativada coñeceu máis o país veciño e tamén as súa cultura musical desde o fado ata os sons actuais
A Agadic contribúe economicamente ao encontro, que dará comezo o 14 de xullo coa estrea da nova montaxe de Commedia, un xoguete para Goldoni, un dos espectáculos de máis éxito na historia do teatro profesional galego
Presentouse hoxe o seu programa completo, no que espectáculos procedentes de Italia, Portugal, México, Reino Unido e Uruguai comparten cartel con propostas galegas e do resto de España
A Xunta apoiará á Academia de Baile Galicia en Danza, de Baiona, na súa participación na copa do mundo en Sitges









