Busca

Páxinas

01/03/2018

Feijóo expresa o orgullo pola mocidade galega que non vive á marxe dos retos que afronta a sociedade e que ten moito que ensinar 

Nese camiño cara á excelencia afirma que hai un Goberno que desexa estar sempre ao seu lado, cunha aposta decidida polo trilingüismo, a tecnoloxía e por unha ensinanza na que o sistema se adapte ás necesidades de cada alumno e non ao revés

No tocante ao premio, resalta que as historias traídas nesta edición teñen o fondo común do recordo, e tamén unha mensaxe esperanzada

28/02/2018

Valentín García e Luz Pozo Garza presentaron hoxe á mañá o volume noveno da revista que ofrece un percorrido pola poesía galega actual entre os anos 2009 e 2017

A publicación conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

28/02/2018

Marcos Abalde e Avelina Pérez recibiron os premios do xurado e da audiencia, respectivamente, polas obras Psicofonías e Alianzas

Os catro traballos finalistas da undécima edición do certame acaban de ver a luz nun libro-CD que estará accesible de xeito gratuíto na Libraría Institucional da Xunta de Galicia

  • Galicia universal
27/02/2018

Será inaugurada no Gaiás o 16 de marzo

A exposición, a máis ambiciosa realizada nos últimos anos sobre arte galega, permitirá comprender a dimensión universal da creación en Galicia

Na inauguración interpretaranse unha sonata de Jesús Bal y Gay, compositor galego do século XX moi vencellado ás correntes artísticas do momento

 

  • O secretario xeral de Política Lingüística participa nos actos conmemorativos do 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
24/02/2018

O secretario xeral de Política Lingüística participa nos actos conmemorativos do 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

  • O conselleiro de Cultura participou nos actos de celebración do Día de Rosalía con motivo do 181 aniversario do seu nacemento, coa plantación simbólica dunha camelia na súa Casa da Matanza
23/02/2018

Román Rodríguez participa nos actos do Día de Rosalía coa plantación dunha camelia na Casa da Matanza

23/02/2018

Santiago de Compostela será a sede deste evento musical que terá lugar do 28 ao 30 de xuño e que contará cunha trintena de artistas de renome internacional, que en moitos casos visitan Galicia por primeira vez, e de grupos galegos de referencia

Programaranse, ademais, seis concertos en cada unha das principais cidades da Comunidade

Estado do trámite:
  • O secretario xeral de Política Lingüística, no acto do Día Internacional da Lingua Materna
21/02/2018

O secretario xeral de Política Lingüística incidiu na importancia da permanencia e transmisión de xeración en xeración da mesma lingua galega na que Martín Códax cantou hai oito séculos

Escolares de Redondela visitaron o Museo do Mar de Galicia para celebrar a lingua materna co Pergamiño