Nova: Diferentes actos conmemorativos lembran o 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

24/02/2018
Diferentes actos conmemorativos lembran o 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
O secretario xeral de Política Lingüística participa nos actos conmemorativos do 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá en Santiago de Compostela nos actos conmemorativos do 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, cunha ofrenda floral ao pé do monumento á escritora na Alameda. Posteriormente, acudiu ao acto institucional na capela do Hostal dos Reis Católicos e ao acto organizado pola AELG no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval).