Nova: Unha camelia para lembrar a Rosalía de Castro

23/02/2018
Unha camelia para lembrar a Rosalía de Castro
Román Rodríguez participa nos actos do Día de Rosalía coa plantación dunha camelia na Casa da Matanza
Padrón, 23 de febreiro de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe nos actos de celebración do Día de Rosalía con motivo do 181 aniversario do seu nacemento, coa plantación simbólica dunha camelia na súa Casa da Matanza. No acto tamén participaron o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro; e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira.