Nova: Premios Francisco Mantecón, un exemplo de tradición, innovación, talento e internacionalización en Galicia

24/11/2017

Premios Francisco Mantecón, un exemplo de tradición, innovación, talento e internacionalización en Galicia

Feijóo refírese aos premios Francisco Mantecón como exemplo do que Galicia é: tradición, innovación, talento e internacionalización

Resalta que a Xunta xa está a traballar na preparación do centenario da Xeración Nós da man de todas as administracións, institucións culturais e entidades vinculadas

Incide en que a Estratexia da Cultura Galega 2021 aspirará a consolidar o tecido industrial creativo e a apoiar a innovación cultural

 

  • O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou na entrega de premios da Bienal internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou na entrega de premios da Bienal internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón
  •  O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou na entrega de premios da Bienal internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou na entrega de premios da Bienal internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón

Vigo, 24 de novembro de 2017.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á entrega de premios da Bienal internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón como exemplo do que Galicia é: tradición, innovación, talento e internacionalización.

Durante o acto, Feijóo destacou a traxectoria deste certame que sitúa Vigo e a Comunidade no escaparate das vangardas artísticas internacionais, “porque Galicia –dixo- ten moito que amosar ao mundo no que a cartelismo se refire”. Ao respecto, resaltou que a Xunta xa está a traballar na preparación do centenario da Xeración Nós da man de todas as administracións, institucións culturais e entidades vinculadas.

Así mesmo, e consciente de toda a creatividade e innovación que atesoura a Comunidade, o Goberno galego está a trazar xa, en colaboración con todos os sectores da cultura, a Estratexia da Cultura Galega 2021, que aspirará a consolidar o tecido industrial creativo; apoiar a innovación cultural e a transversalidade da creatividade nos sectores produtivos; e potenciar a colaboración entre institucións públicas e privadas no ámbito da cultura.

O presidente da Xunta concluíu felicitando aos premiados e tamén ao Grupo Terras Gauda pola súa aposta pola investigación e a innovación, que fan posible que a Comunidade poda hoxe presumir duns viños excelentes que levan a marca Galicia por todo o mundo.

 

Comparte