Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de subvencións para o financiamento da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado

Convocatoria de subvencións para o financiamento da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 28 de marzo de 2018 a orde do 26 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2018.

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Estado de tramite: Resolto