Urbana

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Bad Sound System

Se hai un grupo en Euskal Herria que entendeu e asumiu a cultura xamaicana e a súa forma de facer musica, ese grupo é Bad Sound System. Pioneiros da escena vasca de hip hop e reggae, convertéronse en obrigado referente para quen ama estes estilos ao longo da súa produtiva traxectoria. Famosos polos seus intensos directos, son poucos os escenarios aínda non conquistados no noso país por este grupo reconvertido en trío.

Iñaki "Stepi" leva anos disparando ritmos gordos e saturados. Xa de pequeno adoitaba amenizar a taberna que os seus pais tiñan en Irún con algún que outro tema. 

Galego

Concerto de Maskarpone

Maskarpone xorde en Ourense no 2009. A primeira formación (Lore - voz, Carlinhos - batería, David - guitarra, Negro - baixo e Elías - guitarra) é a que decide poñerse mans á obra, bautizar a banda e botarse a tocar polo mundo. Ofrecen unha mestura de reggae e ska, con pequenos acenos de rock e música tradicional.

Galego

Concerto de Los Jinetes del Trópico

Los Jinetes del Trópico é o proxecto músical que nace das mans de Laura Solla e Toñyto All Time, que unen a forza do country co reggae, así nace o proxecto no que se mesturan as voces a guitarra e o trombón.

Actualmente o proxecto ségueno Toñyto All Time, Diego González e Javi Montes caracterizandose por unha mestura entre reggae, ska, punk e fusión.

Galego

Concerto de Ryden

Rayden é o pseudónimo de David Martínez Álvarez, Mc e produtor madrileño, nacido en Alcalá de Henares, compoñente do grupo A3Bandas e Crew Corvos.
O éxito definitivo apareceu progresivamente coa publicación dos seus tres álbumes en solitario a partir de 2010. Esta nova etapa Rayden inicia un cambio radical co que deixa ao carón a improvisación, para perseguir un son de estudo, acompañado de directos auténticos e demoedores.

Galego

Concerto de Los Chikos del Maíz

Los Chikos del Maíz é un grupo de rap valenciano formado polos MC's Nega e Toni, e o DJ Bokah. O grupo está considerado o referente máis destacado do "hip-hop político español". As letras do grupo están cargadas de polémica, abordando temas como o terrorismo, a monarquía, a situación laboral ou a escena hip-hop.

Galego

Concerto de La Sra. Tomasa

Grupo sen tabús polo súa orixinal e arriscada mestura musical, que se basea en fusionar as últimas tendencias da electrónica (Drumn'bass, Dubstep, House) con música latina (guaguancó, rumba, salsa, timba), reggae, funk e mesmo Hip Hop. Transmite un camiño para experimentar algo novo, distinto, perdendo o medo ao descoñecido e defendendo a autenticidade humana.

Galego

Comando Katana

Comando Katana é un proxecto musical fundado no 2003 que foi madurando e evolucionando ata a actualidade, absorvendo e empapándose doutras vertentes coma o reggae, o soul ou o dancehall combinándoas entre si co rap para darlle vida a un son diferente, con identidade propia e bastante difícil de encadrar nun só estilo musical.

Galego

Sokram

O que fora polos anos noventa Mc e membro fundador da pioneira banda de rap galego 5talegos, é sen dúbida, hoxe en día, unha figura de referencia do rap feito na nosa lingua e unha das personalidades máis proactivas e multidisciplinares da escena.

Mc é letrista, muralista, director de artes, deseñador, ilustrador e organizador do festival internacional de artes urbanas Desordes Creativas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Urbana