El cochecito
Un vello, para non ser menos que un amigo paralítico, quere que a familia lle merque unha cadeira de rodas eléctrica. Para conseguila non vacilará con nada.

Un vello, para non ser menos que un amigo paralítico, quere que a familia lle merque unha cadeira de rodas eléctrica. Para conseguila non vacilará con nada.
Na súa segunda longametraxe, Sōmai adapta con mestría a popular novela de Jirô Akagawa. Este gran éxito dos 80 preséntanos a Izumi, unha estudante de instituto que se converte na cuarta xeración de xefes dunha familia yakuza tras a morte accidental de seu pai. Un día, un detective aparece na súa porta e pregúntalle se ela sabía que o seu pai estaba involucrado no tráfico de droga. Tras isto, Izumi e a súa banda tópanse con moitos problemas…
Restaurada por Kadokawa Corporation a partir do negativo orixinal de cámara.
Imaxe ©KADOKAWA CORPORATION 1981
Versión restaurada en 4K deste clásico do cine xaponés e dunha das obras mestras que nos deixou Shinji Sōmai. Un tifón aproxímase á vila onde viven os novos protagonistas da fita, un grupo de estudantes de secundaria. Despois das clases, no medio da treboada e do tempestuoso vento do tifón, este grupo queda refuxiado na escola. No medio da tormenta, mostrarán as tensións, os desexos e as inseguridades que os días previos á tormenta foron formando entre eles.
Restaurada por Director’s Company a partir do negativo orixinal de cámara.
Un grupo de rapaces dos suburbios madrileños trata de saír da súa mísera situación. Un deles quere ser toureiro e os seus compañeiros confían en que poida triunfar e facelos ricos a todos.
Dunia e os seus avós instálanse en Canadá, un novo país que, a pesar de ser frío, se converte na súa cálida casa de acollida despois de marchar de Siria. Alí atoparán moitas cousas distintas: a lingua, comidas descoñecidas e estacións que non viviran antes. A pesar desta diversidade, Dunia e os seus avós descobren a beleza da multiculturalidade, mentres fan novas amizades. A través da súa relación con Rosalie e Miguizou, Dunia vese arrastrada ao mundo da música e descobre un poder transformador que ilumina a súa nova vida.
Ale e Álex están a piques de cumprir os 40 e levan sendo parella media vida. Cando asumen que chegou o momento de separarse, deciden celebralo facendo unha festa na que poder honrar o seu amor e todo o tempo que pasaron xuntos. Mais os seus amigos, os convidados á festa, non acaban de crer que vaian en serio nin coa festa nin coa separación.
Historia dunha segadora é un retrato de Katsu Someya, unha muller de 86 anos nacida en 1899 cuxa casa se atopa xunto á pista de aterraxe do aeroporto de Narita, nun terreo que foi confiscado e vendido para ampliar o aeroporto nunha segunda fase. Vive alí soa, afastada da familia por decisión propia, resistíndose a abandonar a súa terra; dedícase á agricultura, saca as malas herbas diariamente e traballa nunha fábrica de conservas en vinagre. Os relatos da súa vida, contados e repetidos, trazan décadas da experiencia persoal de resistencia desta muller.
Un grupo de mozas xúntase nunha casa de campo durante unha semana de verán para ensaiar unha obra de teatro. Durante a convivencia, intercambian os seus saberes sobre a amizade, a actuación, o amor, a orfandade e a morte; coa secreta esperanza de que compartir as fará mellores. Las chicas están bien é un conto de verán con princesas, cabalos, sapos, un lume, unha festa, un río, moitas cartas e ata un príncipe pampán.
España, 2024
Dirección: Anna Cornudella. Reparto: Clara Muck Dietrich, Neil O'Neil, Valentine
Sinopse: Unha muller esperta da hibernación mentres o seu irmán segue durmindo.
España, 2023
Reparto: Bárbara Lennie, Irene Escolar, Itziar Manero
Sinopse: Un grupo de mozas xúntase nunha casa de campo durante unha semana de verán para ensaiar unha obra de teatro.