Twin Peaks: fuego camina conmigo
Non é esaxerado afirmar que Twin Peaks foi o gran acontecemento cultural da TV de inicios dos noventa. Cada semana, millóns de persoas transportábanse a esta vila ficticia do estado de Washington, para comprobar con certa ansiedade como avanzaban as investigacións do axente do FBI Dale Cooper, tentando descubrir quen matou a Laura Palmer.

