Rock Bottom
Unha historia de amor e autodestrución, inspirada na música e a vida de Robert Wyatt e ambientada na cultura hippy dos 70, que foi nomeada á mellor película de animación nos Goya 2024.
Nela, as drogas transforman un verán apaixonado nun auténtico pesadelo cando a parella protagonista se mergulla nunha espiral de euforia e angustia e que abarca dúas liñas temporais na vida de Wyatt: a súa estancia en Mallorca e o período posterior ao seu accidente en Nova York.

