Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Encontro con Albertina Carri + ¡Caigan las rosas blancas!

Por primeira vez, ampliamos o foco do ciclo ao cine realizado fóra de España coa presenza da cineasta e escritora arxentina Albertina Carri. A súa visita á Filmoteca para presentar ¡Caigan las rosas blancas!, a súa sétima longametraxe estreada no último Festival de Rotterdam, ofrécenos a oportunidade de repasar unha filmografía transgresora que hibrida xéneros e técnicas e transita polos recordos para (re)construír o presente e inventar o futuro.

Encontro coa directora e proxección posterior:

 

¡Caigan las rosas blancas!

Galego

Los contrabandistas de Moonfleet

“Un filme que opera cun tento sobre o tema da transmisión, da paternidade. Los contrabandistas de Moonfleet conta a historia de John Mohune, un neno de dez ou once anos, que chega a Moonfleet cunha carta da nai morta en busca de Jeremy Fox, un amigo que pode coidar del. É a historia de como un cativo converte un adulto en pai. E de como o fillo constrúe a figura paterna. Nunha das primeiras escenas do filme, tras o encontro de John Mohune con Jeremy Fox, este presente que ese neno pode destruílo, é dicir, pode destruír todo aquilo que empeza a filiación, ou sexa a paternidade.

Galego

Los rubios

Segunda longametraxe de Albertina Carri que a puxo no mapa pola súa particular aproximación á ditadura militar. Hoxe filme de culto en Arxentina, este íntimo ensaio usa figuras de playmobil xunto a fotografías e testemuños para representar o trauma da desaparición de seus pais, militantes peronistas, en 1977, cando ela contaba só con 4 anos de idade. Exercicio de memoria persoal e colectiva, o filme fíxose de forma totalmente clandestina e está considerado voceiro de toda unha xeración silenciada, desenterrando temas de enorme complexidade.

Galego

Twin Peaks: fuego camina conmigo

Non é esaxerado afirmar que Twin Peaks foi o gran acontecemento cultural da TV de inicios dos noventa. Cada semana, millóns de persoas transportábanse a esta vila ficticia do estado de Washington, para comprobar con certa ansiedade como avanzaban as investigacións do axente do FBI Dale Cooper, tentando descubrir quen matou a Laura Palmer.

Galego

Frans van de Staak. Programa 6.

Dichtweefsel

Frans van de Staak

Países Baixos, 1999, 20 min, 16 mm, neerlandés.

 

Ongedaan gedaan

Frans van de Staak

Países Baixos, 1989, 76 min, 16 mm, neerlandés.

 

Moitas películas de Frans van de Staak articúlanse ao redor de situacións ou diálogos entre dous intérpretes. O seu cinema propón un catálogo de maneiras de filmar a diferenza e a comunicación entre dúas persoas.

Galego

El hombre elefante

Tras a surrealista Cabeza borradora, Lynch adapta na súa segunda longa a biografía de Joseph Merrick, home con deformacións corporais moi acusadas que a finais do século XIX se viu obrigado a traballar no mundo da farándula ata que un benfeitor que o acolleu nos seus últimos anos de vida logrou que recibise tratamento e puidese dedicarse por un tempo breve á escritura. Película delicada e contida, é unha rara avis na filmografía do seu autor, habitualmente asociado a narrativas máis disruptivas e sensoriais. Gran papel de John Hurt como o “home elefante”.

Galego

Frans van de Staak. Programa 4.

Sonate

Frans van de Staak

Países Baixos, 1975, 5 min, 16 mm, neerlandés.

 

Het vertraagde vertrek

Frans van de Staak

Países Baixos, 1983, 107 min, 16 mm, neerlandés.

 

A relación dos intérpretes co espazo é unha das indagacións permanentes do cinema de van de Staak. “Onde estamos encerrados en realidade? Nun espazo? Cada un en si mesmo? Ou quizais na linguaxe, ben podería ser.”

Galego

Museos de cine

O Museo de Belas Artes da Coruña volve convocar este ciclo de cine, tras a boa acollida no ano 2024. Baixo o lema “Museos de Cine”, e co obxectivo de redescubrir as salas dos museos, as galerías de arte, a actividade que alí se realiza e o papel dos seus protagonistas, para así, ao través da mirada do autor, coñecer a tremoia que se esconde tras estas grandes e/o pequenas institucións culturais.

Esta é a programación pormenorizada:

2 de abril: El gran Museo (Austria 2014) 94 min

23 de abril: The Square (Suecia 2017) 151 min.

Galego

Delincuentre

A través do recordo de La Maradona —a líder dunha banda de delincuencia xuvenil viguesa dos anos 80—, Nuria Vil constrúe un universo poético no que mestura o imaxinario do cine quinqui coa historia obreira da cidade de Vigo para achegar ao presente algunhas referentes da literatura galega contemporánea e unha vindicación potente do colectivo LGBTIAQ+. Esta peza, dirixida por Alba Domínguez, xunta as imaxes en súper 8 do arquivo de Manoel da Costa que retratan o Vigo dos 80 coa ficción filmada nos arredores de Vigo, Nigrán e no histórico autobús Cometa de 1968 cedido por Vitrasa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual