Museos de cine
O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura estes ciclos de cine, esperando porder continualos no futuro. Baixo o lema “Museos de Cine”, e co obxectivo de redescubrir as salas dos museos, farase un percorrido polo Museo del Prado, a National Gallery e o Museo do Hermitage transportados por unha cámara para coñecer esas pinceladas escondidas, a tremoia que hai detrás destas grandes institucións culturais e a historia do noso continente.
Esta é a programación pormenorizada:

