A auga que trouxeron
O documental "A AUGA QUE TROUXERON" constrúe un relato sobre a realidade das traídas veciñais de auga en Galicia. Estes sistemas son resultado dun proceso histórico onde a veciñanza xogou un papel importante, pois en moitos casos foron os propios veciños quen as construíron, financiaron e xestionaron. Este modelo ofreceu un sistema de abastecemento autónomo adaptado ao contexto territorial do país caracterizado pola alta dispersión poboacional. Esta realidade permanece a día de hoxe mantendo unha xestión autónoma por parte da veciñanza.

