Cineuropa 2022 - Jesús López
Jesús López, un piloto de carreiras, morre accidentalmente e os veciños da súa localidade quedan conmocionados. O seu curmán Abel, un adolescente sen rumbo, séntese aos poucos tentado a ocupar o seu lugar. Instálase cos pais de Jesús, viste a súa roupa, sae cos seus amigos e coa súa exmoza... Ao primeiro a xente acéptao e a Abel gústalle este papel. Pero a semellanza co seu curmán vólvese desacougante, ata o punto de que acaba transformándose en Jesús López. Na vila organízase unha carreira en homenaxe a Jesús. Animado polo espírito do seu curmán, Abel conduce o coche do defunto.

