O río de ouro
Aclamada pola crítica despois da súa estrea mundial en Cannes, O río de ouro é un filme posuído por unha forza telúrica, onde a paixón e a violencia palpitan, sendo para moitos a obra mestra de Paula Rocha. Ambientada nos anos 50, a rexión do Douro é unha vez máis escenario dun drama de amores tráxicos.

