Rosinha
No atardecer da existencia, unha rosa florece ao recibir os mimos dos últimos raios do sol. Un curto sobre amor e sexualidade na vellez, e o desafío ás convencións sociais.

No atardecer da existencia, unha rosa florece ao recibir os mimos dos últimos raios do sol. Un curto sobre amor e sexualidade na vellez, e o desafío ás convencións sociais.
Todos imos nun tren e todos os vagóns son iguais por fóra, por dentro non.
Jorge, un pai tradicional boliviano, recibe noticias do suicidio do seu fillo Gabriel. Semanas despois da traxedia atopa o computador portátil do seu fillo onde descobre que tiña unha relación amorosa con Sebastián, outro novo compatriota que vive na cidade de NY, onde o seu fillo estudaba. Despois dunha primeira confrontación violenta por Skype, Jorge decide ir a NY a buscar respostas sobre a morte do seu fillo, pero o que atopa cambiaralle a vida para sempre.
Unha parella de mozos ten un plan para facerse cun oco no moble de fotos da nai dun deles.
Aos 48 anos, Ayax Grandi, un arquitecto da cidade de Rosario, decidiu ser Canela. Esta película narra a paréntese na vida da protagonista, onde ela se debate entre intervir cirurxicamente o seu corpo ou non. Con esa inquietude, comeza unha procura. Consulta a profesionais da saúde, aos seus fillos e amizades ata darse conta de algo sobre o seu desexo que realmente non esperaba.
Catro novos de distinta orientación sexual contan a súa experiencia dunha noite nunha festa na que coñeceron a un mozo chamado Tarek.
Un documental sobre a protección de menores.
* Proxección e debate con Isabel García xornalista e familia de acollida
No Berlín de entre guerras, os cidadáns aturan a semana á espera do descanso dominical. Un grupo de amigos prepara unha escapada ao campo, pero as cousas complícanse entre eles.
Sesión presentada polo cineclubista e profesor Iván García Ambruñeiras
Película biográfica sobre o beato Carlo Acutis, un estudante italiano e afeccionado programador de informática, coñecido por documentar milagres eucarísticos ao redor do mundo e catalogalos nun sitio web que creou antes da súa morte por leucemia aos 15 anos. Acutis foi beatificado pola Igrexa católica no 2020.
As irmás Jane e Blanche Hudson foron estrelas infantís de Hollywood, pero as súas carreiras seguiron traxectorias moi distintas. Mentres que Jane, ao crecer, foi esquecida polo público, Blanche converteuse nunha actriz de éxito. Tras un misterioso accidente de coche, Blanche quedou prostrada nunha cadeira de rodas ao coidado da súa irmá Jane, que goza atormentándoa.