O servente
Un intrigante e manipulador mordomo consegue, gradualmente, dominar a vida do señor ao que serve, aproveitándose das súas debilidades sexuais. Un tenso e adulto drama psicolóxico que obtivo excelentes críticas.

Un intrigante e manipulador mordomo consegue, gradualmente, dominar a vida do señor ao que serve, aproveitándose das súas debilidades sexuais. Un tenso e adulto drama psicolóxico que obtivo excelentes críticas.
O profesor Borg, un eminente médico, debe ir a Estocolmo para recibir unha homenaxe da súa universidade. Sobrecogido, tras un soño no que contempla o seu propio cadáver, decide emprender a viaxe en coche coa súa nora, que acaba de abandonar a súa casa, tras unha discusión co seu marido, que se nega a ter fillos. Durante a viaxe detense na casa onde pasaba as vacacións cando era neno, un lugar onde crecen os amorodos salvaxes e onde viviu o seu primeiro amor.
Nunha pequena localidade meridional francesa, Daniel, un rapaz que está a entrar na adolescencia, vive feliz coa súa avoa. Despois dun ano de instituto, marcha vivir coa súa nai e o seu mozo a Narbona. Aínda que a Daniel lle gustaría seguir estudando, a súa nai non pode pagalo, así que envíao a traballar como aprendiz nun taller. Na cidade descubrirá o mundo dos adultos, ao mesmo tempo que esperta a súa sexualidade.
Nunha illa remota fronte a costa oeste de Irlanda dous amigos de toda a vida, Pádraic e Colm, encóntranse nun canellón sen saída cando Colm pon fin á súa amizade dun modo abrupto. Un Pádraic abraiado, axudado pola súa irmá Siobhán e por Dominic, esfórzase por reconstruír a relación, negándose a aceptar as negativas do seu amigo de sempre. Cando Colm presenta a Pádraic un ultimátum desesperado, os acontecementos precipítanse e provocan consecuencias traumáticas.
(Portugal, 2012)
Dirección: Paulo Rocha. Guión: Paulo Rocha, Regina Guimarâes, Joâo Carlos Viana. Reparto: Luis Miguel Cintra, Isabel Ruth
Sinopse: Partindo da memoria familiar e do material das súas películas, o cineasta revisita as súas orixes e as principais referencias da súa vida e obra.
(Irán, 1994)
Dirección e guión: Abbas Kiarostami. Reparto: Hossein Rezai, Tahereh Ladanian
Sinopse: Durante a rodaxe dunha película, un rapaz que seleccionaron para interpretar un dos papeis, está realmente namorado de Tahereh, a moza que fai o papel da súa esposa.
(Portugal, 2004)
Dirección: Paulo Rocha. Guión: Regina Guimarâes. Reparto: Isabel Ruth, Joana Bárcia
Sinopse: conta a historia dunha deseñadora de moda depresiva no apoxeo da súa carreira que namora da filla dunha das súas costureiras.
(Uruguai, 2022)
Dirección e guión: Aldo Garay. Reparto: José Pedro Díaz, Amanda Berenguer
Sinopse: O escritor uruguaio José Pedro Díaz tivo como afición o cine. Entre 1950 e 1952 creou un diario fílmico con imaxes de grande valor.
(Suíza, 2021)
Dirección e Guión: Ramon Zürcher, Silvan Zürcher. Reparto: Henriette Confurius, LIliane Amuat
Sinopse: Lisa múdase de casa. Mara queda. Entre as caixas e os traballos de pintura e carpintería, comezan a abrirse abismos.
(Francia, Portugal, 2000)
Dirección: Paulo Rocha. Guión: Paulo Rocha, Raquel Freire, Regina Guimarâes, Jeanne Waltz. Reparto: Luis Miguel Cintra, Isabel Ruth, Joana Bárcia
Sinopse: un candidato á alcaldía de extrema dereita se enfronta a un grupo de travestis e que, por momentos, se transmuta no mesmísimo San Antonio.