Francisca
(Portugal, 1981)
Dirección e guión: Manoel de Oliveira. Reparto: Teresa Menezes, Diogo Dória, Mário Barroso, Rui Mendes, Francisco Brás
Sinopse: Narra a historia de amor do escritor Camilo Castelo Branco por Fanny Owen

(Portugal, 1981)
Dirección e guión: Manoel de Oliveira. Reparto: Teresa Menezes, Diogo Dória, Mário Barroso, Rui Mendes, Francisco Brás
Sinopse: Narra a historia de amor do escritor Camilo Castelo Branco por Fanny Owen
(Irán, 1970-1973)
Dirección: Abbas Kiarostami
Pan y callejuela (1970)
La hora del recreo (1972)
La experiencia (1973)
(España, 2021)
Dirección: Santi Amoedo. Guion: Santi Amodeo, Rafael Cobos. Reparto: África de la Cruz, Paula Díaz, Olga Navalón, Lola Buero
Sinopse: Ana envorca a súa vida en Instagram e outras redes sociais, onde colga fotos, vídeos e pequenas animacións, que acompaña de ácidos (e lúcidos) textos.
(Xeorxia, 2021)
Dirección e guión: Alexandre Koberidze. Reparto: Ani Karseladze, Giorgi Bochorishvili, Oliko Barbakadze, Giorgi Ambroladze
Sinopse: Unha moza parella decide citarse nun bar tras coincidir varias veces pola rúa. Pero, como nun conto de fadas, son vítimas dunha estraña maldición.
Documental que nos permite revivir aqueles días negros do afundimento do Prestige, dos que se cumpliron 20 anos o pasado 12 de novembro de 2022. Dirixido por J. Manuel Aragunde Pereira, foi especialmente creado para a xente máis nova de Galicia. A través de entrevistas aos protagonistas e das imaxes da fauna e flora afectada polo chapapote reviviese aquel momento histórico que debe ser recordado por toda a cidadanía galega.
Dous mozos entran nun vagón de metro cunha única intención: provocar o terror entre os pasaxeiros.
En Ayorou, Damouré dirixe, xunto con Lam e Illo, unha sociedad de importación e exportación chamada "Pouco a Pouco". Decide construír un edificio e marcha a París para ver como se pode vivir nunha casa de varios andares. Na cidade descobre as curiosas formas de vivir e pensar da tribo dos parisinos, que describe nunhas cartas que envía con regularidade aos seus compañeiros ata que estes, crendo que virou tolo, mandan a Lam na súa busca. En París Damouré e Lam mercan un Bugatti e coñecen a Safi, Ariane e a Philippe.
Unha muller espera o retorno dun home que se alistou no frente cando deu comezo a Guerra Civil. El escribe cartas desde Francia. Ela léellas aos seus fillos á luz das candeas. Esta Penélope non permanece na casa tecendo durante o día e destecendo polas noites. Os anos pasan e el non volve. Ela deixou de recibir as súas cartas e non sabe que lle puido pasar. Estamos nesta parte do mundo onde os mortos se amorean nun osario inextricable. Isto sucede en Europa.
A gañadora do Premio Nobel de Literatura 2022, Annie Ernaux, comparte, describe e narra na súa propia voz as súas gravacións familiares filmadas entre 1972 e 1981. Imaxes silentes que combinan intimidade familiar e diario de viaxes nun tempo convulso: o de Francia tralo seu Maio, Chile tralo Golpe e a Unión Soviética antes da súa disolución.
Julio, de dezanove anos, chega a Lisboa desde o campo a traballar de zapateiro para o seu tío Raúl. Axiña coñece a Ilda, unha moza do servizo doméstico que visita con frecuencia a zapatería e de quen o seducen a súa independencia e desenvoltura. Ambos comezan un romance que se ve truncado polo choque coa súa realidade cotiá.
Inédita en España, a ópera prima de Paulo Rocha, filmada nun esplendoroso branco e negro, é a punta de lanza do novo cinema luso. «O mellor cinema portugués é herdeiro de Paulo Rocha» (João Bénard da Costa).