Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ao descuberto

En 2017 duas reporteiras do New York Times, Megan Twohey e Jodi Kantor, publicaron unha investigación periodística sobre os abusos sexuais do famoso productor Harvey Weinstein que desencadeou o movemento #MeToo en todo o mundo e rompeu décadas de silencio sobre o tema das agresións sexuais en Hollywood. 

Galego

Xaguar

Tres mozos de Níxer emigran a Ghana: cada un descende de loitadores, pero o desafío máis inmediato é conseguir un traballo. Despois dunha ardua viaxe, conseguen pasar a fronteira e nese punto sepáranse. As súas vidas seguirán cruzándose, afastándose e volvéndose a xuntar.

Galego

Inspector Sun e a maldición da viuda negra

Masha Shanghái, 1934. Nun mundo de insectos paralelo ao dos humanos,o veterano Inspector Sun, unha araña solitaria, lidera a súa última misión contra o seu inimigo Langosta Vermella, antes de embarcarse nun merecido retiro. As súas vacacións a bordo dun avión Pan Am clipper entre Shanghai e San Francisco acaban abruptamente cando o millonario Dr. Spindelthorp aparece asasinado. O que comeza coma un caso rutineiro para Sun, decidirá finalmente o destino da humanidade.

Galego

R.M.N.

Uns días antes do Nadal, Matthias volve á súa vila natal, unha localidade multiétnica de Transilvania, tras deixar o seu traballo en Alemaña. Está preocupado polo seu fillo, Rudi, que creceu sen el, e polo seu pai, Otto, que quedara só, e desexa volver a ver a Csilla, a súa ex moza. Trata de involucrarse máis na educación do neno, que pasou demasiado tempo a cargo da súa nai, Ana, e quere axudala a superar os seus medos irracionais.

Galego

A novelista e o seu filme

A famosa novelista Junhee reúnese con dúas amigas e a velada parece estar cargada de certa amargura. Unha delas deixou a escritura para abrir unha libraría e aínda non lle dixo a Junhee que opina do seu último libro. A segunda é cineasta e nunca adaptou o libro de Junhee, algo que planeara. Aínda que o máis desconcertante é que Junhee leva un tempo sen publicar nada. En lugar diso, empezou a cuestionar o seu enfoque literario e ten dúbidas sobre a sensibilidade que forxou o seu estilo e a súa personalidade.

Galego

Regard Noir

Mirada negra é un documental en forma de road movie que explora a representación das mulleres e dos homes negros no cinema. A través do mundo, de París a Los Ángeles, pasando por Cannes e Brasil, a actriz franco-senegalesa Aïssa Maïga vai ao encontro de personalidades comprometidas na promoción da diversidade no cinema e a procura de alternativas inclusivas.

Galego

A caza do león con arco

Na fronteira entre Malí e Níxer, os homes viven en perfecta harmonía co cosmos. As vacas pastan tranquilamente, incluso en compañía dos leóns. Porén, ás veces esta orde cósmica rómpese cando un león ataca unha vaca. Entón decídese ir á caza ritual do león, que ten lugar cada catro anos e que require unha gran preparación. Confecciónanse frechas envelenadas, fabrícanse arcos e realízanse danzas e conxuros para preparar o veleno. Colócanse trampas e cando o animal cae nelas, o cazador só ten que disparar a frecha...

Galego

O pequeno Nicolás

Debruzados sobre un gran folio en branco nalgún lugar entre Montmartre e Saint-Germain-des-Prés, Jean-Jacques Sempé e René Goscinny (creador de Asterix) dan vida a O pequeno Nicolás, un neno ledo e falcatrueiro. A súa é unha infancia alegre, chea de xogos, diversión, bromas, aprendizaxe, complicidade, pelexas e castigos. O pequeno Nicolás lévanos ao estudio dos seus creadores, onde fala con eles de forma distendida. Sempé e Goscinny cóntanlle como se coñeceron e se fixeron amigos, e tamén responden a preguntas sobre a súa carreira, a súa infancia e as súas ambicións.

Galego

Broker

Unha noite chuviosa unha moza abandona o seu bebé ás portas dunha igrexa. Este é recollido por dous homes que se dedican a roubar bebés abandonados para vendelos a pais dispostos a pagar unha tarifa. Cando a moza regresa á igrexa, arrepentida, descobre o negocio ilegal dos homes e decide unirse a eles para atopar os pais adoptivos máis adecuados. Neste viaxe por estrada pouco usual, o destino dos que se crucen na vida do neno cambiará radicalmente.

Galego

A pirámide humana

Localizado nunha escola mixta para estudantes brancos e negros en Abidjan, este docu-drama amosa como o traballo en equipo para facer o filme cambia a súa actitude cara os demais. A chegada de Nadine, unha nova alumna, é tamén o punto de partida dun debate sobre as relación interraciais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual