Taller online do CGAC na Semana dos Museos 2020
Este ano, o Día Internacional dos Museos ten como lema "Museos pola igualdade: diversidade e inclusión". Por iso, desde o CGAC propoñen a realización dun taller online do proxecto "Aula diversa", un programa de educación artística para a integración de persoas con diversidade funcional no que a arte contemporánea funciona como ferramenta de inclusión social e o museo como espazo de aprendizaxe aberto ao encontro das diferenzas.
TALLER ONLINE AULA DIVERSA. CORPO EXPRESIVO - CORPO ARTICULADO
Mércores, 20 de maio