Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mergullámonos nos segredos da arquitectura do Gaiás

Nunha nova edición das nosas “visitas fiadas” en Twitter, mergullámonos en liñas e diagramas, espazos e volumes, módulos e texturas. Achegámonos á arquitectura do Gaiás, aos seus icónicos trazos nacidos do maxín do arquitecto neoiorquino Peter Eisenman, descubrindo as entrañas do proxecto arquitectónico e algunhas das claves do seu deseño.

Galego

Foro #aculturasegue: Os retos do sector das artes escénicas na era post COVID-19

A través dunha serie de encontros online con especialistas de distintos campos das industrias culturais e creativas, os Foros #aculturasegue convidan ao debate e á análise dos retos aos que se enfronta o sector cultural na era post COVID-19. A actividade abrangue un total de oito sesións en formato videoconferencia, que poderán seguirse de balde previo rexistro.

Galego

Cata virtual de empanada e viño

Es fan da empanada? Despedimos o mes de maio cunha experiencia sensorial única: o noso Colección 68  compartirá cata cunha empanada de tenreira galega suprema de @aboamigalla  Será o venres 29!
Consegue xa o teu pack Colección 68 e Empanada por 25 ? (gastos de envío incluídos) na nosa web.

O lote contén 
? Unha botella de 750 ml de Colección 68, plurivarietal de Treixadura, Alvariño e Godello.
? Unha empanada de 750 gramos de Tenreira Galega Suprema, elaborada de forma artesanal en forno de leña.

Galego

Papiroflexia na casa con Jorge Pardo. Facemos unha caixa

Jorge Pardo, director da EMOZ (Escola Museo Origami de Zaragoza) e coordinador da exposición «Papiromates. Matemáticas Creatividade = Papiroflexia», ensínanos a facer figuras básicas con papel.

Esta exposición, que xa itineró polas nosas sedes da Coruña e Ferrol, ilustra a vital relación entre as matemáticas e a papiroflexia ou origami, e nela puidemos gozar de pezas de valor case escultórico nas que non se usaron pegamento nin tesoiras, tan só papel encartado e ensamblado.

Galego

Identidades híbridas en Microsoft Azure

Nesta xornada sobre Microsoft Azure, realizarase un workshop onde se deseñará e despregará unha solución de identidades híbridas mantendo dous provedores de identidade diferentes (Azure AD e Active Directory Domain Services).

 

 

A axenda de contidos a tratar será a seguinte:

Directorio activo de Azure (Azure AD)

Azure AD Connect

Azure App Service

Autenticación de paso con Single Sign-On (SSO)

Azure Multi-Factor Authentication (MFA)

Autoservizo de restablecemento de contrasinal 

Galego

Quebracabezas

Co tema Museos pola igualdade: diversidade e inclusión, o Día Internacional dos Museos 2020 ten como obxectivo converterse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuízos no que os museos mostran e nas historias que contan.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro