Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

SON Estrella Galicia: James Holden

James Holden é un produtor británico de música electrónica e DJ cuxa carreira colleu voo e ben alto fai xa case unha vintena de anos, cando en 2006 o seu LP de debut, The Idiots Are Winning, arquexou as cellas da crítica e provocou que medios como The Guardian atrevésense a afirmar que era o máis cegador debut na electrónica desde 'Music Has The Right To Children' de Boards Of Canada. Os seus pasos desde entón non desinflaron aquelas expectativas.

Galego

Concerto das Letras Galegas 2023. Francisco Fernández del Riego

O Teatro Afundación da cidade olívica acollerá o Concerto das Letras Galegas, organizado polo Consello da Cultura Galega para homenaxear a Francisco Fernández del Riego, un optimista radical e vigués de adopción a quen este ano lle dedicamos o Día das Letras Galegas. A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, estará acompañada polo Coro de Cámara Rías Baixas e interpretarán un programa musical que viaxa pola xeografía amada polo homenaxeado da man de dous grandes compositores consagrados: Jesús Bal y Gay e Reveriano Soutullo.

Galego

Alejandro Vargas: Fractales sonoros, cruzando posibilidades

Unha proposta sonora onde se vinculan a arquitectura harmónica dun sistema a través de obras de compositores como Bach, Shuman, Monk, Arvo Part ou Alejandro Vargas, entre outros...

É a visión amplificada dun sistema harmónico capaz de introducirnos nas posibilidades non finitas de obras que pertencen a un repertorio establecido formalmente desde a tradición pianística.

Así como a evolución dunha linguaxe propia onde a improvisación temática e non temática recorren a través destas músicas a posibilidade de encontrarnos nunha nova experiencia sonora.

Galego

Banda Municipal de Música de A Coruña- Concerto das Letras Galegas

No contexto do Día das Letras Galegas preséntase un concerto onde a tradición e a vangarda daranse a man. Un programa íntegro de música galega con dúas estreas do compositor coruñés León Durán e do estradense Simón Couceiro. Participará o coro e grupo instrumental tradicional de Cántigas da Terra e como artista convidado o virtuoso da gaita José Manuel López 'Josele'

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica