XMC- Música galega de vangarda no século XXI
Un ensemble de cámara composto por cuarteto de corda, trío de ventos e percusión. Nace como formato reducido da Orquestra Galega de Liberación, para profundar aínda máis na liña de traballo de esta. O Ensemble Liberdade usa técnicas avanzadas, para a composición en tempo real, usando a improvisación como materia prima, e a procura de novos contextos nos que deconstruír os usos compositivos máis frecuentes. Unha mostra poderosa e actual da escena musical contemporánea e de como aínda é posible innovar no campo da experimentación sonora e musical.

