Coro infantil e Coro Xoven: Concerto de Primaveira
O Coro infantil da OSG fixo a súa presentación musical, a principios do ano 2000, interpretando a Sinfonía nº 3 de Gustav Mahler á beira da súa Orquestra e baixo a dirección de Víctor Pablo.

O Coro infantil da OSG fixo a súa presentación musical, a principios do ano 2000, interpretando a Sinfonía nº 3 de Gustav Mahler á beira da súa Orquestra e baixo a dirección de Víctor Pablo.
En 1935 estréase en Madrid a ópera prima do director ourensán Antonio Román, unha película de vinte minutos realizada á maneira das vangardas socialistas que retrata a dureza do traballo no campo e o drama da emigración seguindo a música do compositor Teódulo R. Páramos. Esta película perdeuse tras a guerra e actualmente o material localizado son as cartas, o guión, entrevistas en revistas da época, dúas fotogramas e o manuscrito da partitura orixinal, celosamente conservado pola familia do compositor.
?Ben Vennas Maio?, de Pablo Sanmamed, é unha viaxe ás Cantigas de Alfonso X a través de dúas linguaxes que se atopan: o da música medieval e o jazz. Editado por aCentral Folque en formato vinilo, nesta obra a música conflúe con outras dúas propostas artísticas: as que ofrecen as fotografías de Eutropio Rodríguez e a creación literaria de Alba Cid. Música, texto e fotografía mostran a súa entidade mentres se discuten os temas centrais de "Ben Vennas Maio": cancións, maio, primavera, mulleres.
Aclamada polo seu «misterioso e fascinante carisma» (American Record Guide) e por «cativar fantasía e frescura» (The Strad), «Rising Star of the Music Music Magazine BBC», Maya Levy é gañadora de numerosos premios de prestixio, como o 1er premio do Médias Francophones Publics 2020, unha medalla de prata no Concurso Internacional de Música de Manhattan, o premio «Supernova» no Festival de Klara, o título dun galardoado no Concurso Karol Szymanowski en 2018 e o Concurso Internacional de Violín Karol Lipinski 2019, onde obtivo o Premio Beethoven á mellor interpretación da sonata.
Na actualidade a Orquestra divídese nas súas formacións Orquestra Infantil, Orquestra Xuvenil e Orquestra Infantil e Xuvenil e está formada por máis de 50 músicos de corda, percusión, vento e piano de Vigo e localidades como Tui, Nigrán, Baiona, Mos ou Porriño.
A Orquestra Kv2211 constituíuse en outubro de 2017 co fin de potenciar a formación orquestral de instrumentos de corda desde idades temperás e contribuír a potenciar a actividade cultural de Vigo.
Dende unha perspectiva literaria, a través do formato narrativo dun conto, entramos no “mundo da banda”, onde a música protagoniza unha historia na que o argumento ten por obxectivo achegarnos ao mundo sonoro das agrupacións bandísticas. Facémolo dotando de vida aos instrumentos, a modo de personaxes, e de maneira pedagóxica imos ir coñecendo os seus trazos característicos, funcións e roles dentro da agrupación de vento e percusión.
Por fin, un oratorio sobre a Paixón de Cristo orixinal para banda, concibido sen coro, pero con voces solistas líricas que representan a Jesús e María Magdalena e unha voz narradora que pon vida o evanxelista San Marcos, utilizando o texto do Evanxeo na súa totalidade.
Este texto é recitado polo evanxelista sobre unha música que transmite a atmosfera da historia, alternándose con arias para os cantantes, que utilizan textos das corais existentes con música totalmente nova, integrando un todo para dar unha singular expresión á paixón de Cristo.
O papel da muller na historia da arte en xeral, e da música en particular, continúa a ser aínda hoxe un campo pouco investigado, pero foron ámbitos nos que desenvolveu un importante papel. Existe un extenso repertorio creado especificamente ou adaptado para ser executado por mulleres no contexto da vida conventual.
A Real Filharmonía de Galicia interpretará tres novas pezas do trinque mundial, da compositora galega Carme Rodriguez -son novas orquestracións de cancións doutra muller que debería escoitarse moito máis, a compositora franco-irlandesa Augusta Holmès-. Serán cantadas por Natalia Labourdette, gañadora do concurso de canto da Asociación de Amigos de ópera de Santiago. No mesmo programa, Alban Berg, e a terceira sinfonía de Brahms, dirixida por Marc Leroy Calatayud.
o Conservatorio Profesional de Música da Coruña presenta o VI ciclo de Música de Cámara no Museo.
O programa será o seguinte:
- 4 de marzo:
Cuarteto de cordas
ensemble de tubas
Grupo de percusión Atacca
- 11 de Marzo
Duo violín e violonchelo
Ensemble barroco
Quinteto de metais
- 18 de marzo
Cuarteto de cordas
Trío frauta clarinete e piano
Ensemble canto e piano