Tramontana
Tramontana está formada por Aurora Pajón á frauta, Mathilde Bernard á arpa e Alejandra Martín a viólaa e todas elas perseguen unha dirección artística común: crear espectáculos nos que a música se atopa e combina con diferentes elementos artísticos. Deste xeito, música clásica e contemporánea mestúranse co teatro, a poesía, a escenografía ou as artes visuais.

