Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

XXV CICLO CONCERTOS DE OUTONO

Ciclo de música dedicado a intérpretes e profesionais galegos, organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña.

Datas: domingos 1 e 29 de outubro; 12 e 26 de novembro de 2023

Horario: 12:30h

Todos os concertos celebraranse no salón de actos os citados domingos, ás 12:30 h, e serán retransmitidos por streaming na canle de YouTube do Museo.

Entrada libre ata completar aforo.

Programación

1 de outubro
VERTIXE SONORA, formada por Yuko Kakuta (voz), Thomas Piel (violonchelo) e David Durán (piano).

Galego

Concertos Premio Intercentros Melómano

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle dous concertos dos Premios Intercentros Melómano organizados pola Asociación de Amigos do Museo en colaboración coa Asociación AÏS e a Fundación Orfeo, que contarán coa interpretación de dous gañadores do Premio a Mellor Interpretación para Solistas Intercentros Melómano: Laura Ballestrino Mateos e Miguel Ángel Pacheco Macías.

O "Intercentros Melómano" é unha iniciativa da Fundación Orfeo, creada no 2002 co compromiso de apoiar aos músicos mozos no comezo das súas carreiras.

Datas: 15 e 22 de setembro

Horario: 20:00 h

Galego

Música no Camiño: Banda de música popular de Muimenta

Este Ciclo de Concertos, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co patrocinio de Turismo de Galicia, ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical, como parte fundamental do noso patrimonio cultural, así como achegar á cidadanía e a todos os visitantes de Compostela o traballo que fan as bandas chegadas de toda a xeografía galega.

Galego

Música no Camiño: Banda de música Unión de Lantaño

Este Ciclo de Concertos, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co patrocinio de Turismo de Galicia, ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical, como parte fundamental do noso patrimonio cultural, así como achegar á cidadanía e a todos os visitantes de Compostela o traballo que fan as bandas chegadas de toda a xeografía galega.

Galego

Kammer Philharmonie Koln

Xa sexa nos recónditos pobos australianos, os fiordos noruegueses ou a cidade cosmopolita de Berlín, a Filarmónica de Cámara de Colonia púxose como meta facer soar a música clásica en todo o mundo. Para esta tempada o calendario de concertos da F.d.C xa está completo.

Uns 150 concertos daranse en Alemaña e en máis de 200 localidades internacionais.

Galego

A Banda na rúa

Grazas a este ciclo, a agrupación de Vilagarcía actuará en diferentes puntos da cidade co obxectivo de garantir que a música da formación más senlleira e popular de Vilagarcia chegue a todos os lugares do municipio e de que toda a veciñanza poida ter a oportunidade de desfrutar da súa música. 

Galego

Xose Miguélez & Jean-Michel Pilc quartet

O seu proxecto máis recente, "Contradictio", segundo álbum lanzado polo selo discográfico estadounidense de jazz "Origin Records", conta con Jean-Michel Pilc, piano, Marcos Cavaleiro, batería e Carlos Barretto, dlbass.

Obtivo unha mestría en interpretación de jazz na "Guildhall School of Music" de Londres e unha licenciatura en jazz de "Esmae" no Porto. Complementou a súa formación musical estudando de forma privada con Chris Cheek, Matt Otto, Ethan Iverson e Jean Toussaint entre outros.

Galego

Marta Sancho: Como soan os nosos poemas

Marta Sancho é profesora de clarinete no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, compaxinando a docencia coa interpretación concertística. Tanto de cámara como de orquestra. Obtivo o Título Superior de Clarinete no Conservatorio Superior de Aragón con Emilio Ferrando e Alicia Lluquet, mentres formaba parte da Orquestra Sinfónica de Aragón. Co-fundador de Kulmann Trio (2005) e Erkel Trio (2008), Scherzando Clarinet and String Quartet (2013) e M.Sancho Quartet (2015).

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica