Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela- Retrato
O retrato é un xénero pictórico no que se pretende representar a apariencia visual dun suxeito, ben sexa un ser humano, un animal ou un lugar determinado.
Moitos son os compositores que se apoiaron neste xénero para crear música a partir de pinturas existentes, pero tamén son moitos os que crean un cadro sonoro a partir da súa propia inspiración e do seu sentir sobre o obxecto a representar.
Neste programa escoitaremos algúns deses retratos sonoros inspirados en lugares, xentes do cotiá, artistas senlleiros, personaxes mitolóxicas e históricas.

