Concurso de Cartas do Nadal organizado polo Concello de Santiago
O Concello de Santiago invítache a participar neste concurso para nenos e nenas de Educación Infantil, primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria e ás súas familias, no que se premiarán as tres cartas en galego que reflictan máis creatividade e contido a xuízo dos personaxes do Nadal. Todas as que inclúan os datos recibirán resposta. Encontraredes a caixa de correo na Sala Infantil (tamén haberá caixas de correo no Concello e nos centros escolares e socioculturais da nosa cidade)